Tiña tantas cousas que dicir sobre o resultado electoral ,que ao final quedei sin as verbas adecuadas, ao menos, sin as máis adecuadas, e todo foi silencio, baleiro. Pero ainda así sigo pensando moitas cousas, demasiadas cousas que algún día contarei.
*
Falou dabondo e falou ben, bastante rápido, elocuente e inxenioso como nos ten acostumbrados a través da súa escritura, directo e real como a vida mesma que nos pasa por riba mentres remexemos o café con leite. Disculpouse por si o facía mal, por si se lle podía intuir nervioso, ou algo peor, e cando por fin rematou o seu monólogo que non soaba para nada improvisado, de medio lado deixou escapar un pequeno bufido de liberación: libre ao fin. Tan só quedaba aguantar o tipo naquela mesa diante de toda aquela xente que ao fin e ao cabo só ían alí a ver a presentación do seu libro, a apoialo, a escoitalo únicamente a el. Supoño que é para sentir vértigo a cousa, como mínimo. O caso é que a pesar dos nervios e de querer desaparecer baixo terra , Jabois estaba guapo a rabiar e rezumaba humildade por cada poro; algo ao que non nos ten acostumbrados.
Hoxe dinme conta de que hai dous Jaois escritores: o que publica no seu blog e contesta implacable a cada crítica por dura que esta sexa, con ironía ,humor e saña, e o que escribe e fala e conta e se comunica a través dos seus artigos cun público que o segue de xeito incondicional e que estamos acostumbrados a perdoarlle todo e a querelo a pesar de ser el mesmo. Hoxe apareceu ante nós, ante o seu público máis amable , o Jabois un pouco puta e un pouco neno, que se sente sobre todo profundamente agradecido. Agradecido porque o lemos cada día, porque non precisamos do seu libro para coñecer os seus artigos e ainda así o mercamos coa única pretensión de apoialo e telo máis preto de nós; agradecido porque estabamos alí por decisión propia, conscientes de que era alí onde queriamos estar maís que en ningún outro sitio do planeta; agradecido porque sabe que confiamos nel e no que escribe e en cómo o escribe e que seguirá sendo así por moito tempo, por non dicir por unha vida enteira; agradecido porque probablemente non lle fallou ninguén...
*
"Sobran todas las palabras y faltan todos los artículos "
No hay comentarios:
Publicar un comentario