05 mayo, 2011

Estrémeceme pensar que nalgunha parte do mundo , políticos que consideramos homes de ben, que gañan nobeles da paz, poidan xustificar a tortura, poidan afirmar sin poñerse colorados que o fin xustifica os medios.

Fálase estos días da morte -do asesinato- de Bin Laden por todas as esquinas, e cadaquén ten o seu punto de vista; Si Guantánamo serviu para esto, eu penso -sigo pensando- que foi un erro.

*

Brilaba un sol expléndido pouco habitual para un día de finais de abril. Quizais habia uns vinteseis ou vintesete graos. Saín lentamente, sin saber moi ben a onde dirixir os meus pes e a miña alma, pero estando segura de que non podía meterme entre as catro paredes da miña casa. Esa tarde non.

Acabei por inercia nunha terraza na Plaza de España e pedín unha cerveza. E despois quedei alí, quieta, muda, absorta na miña desgracia, sin asimilala de todo; e pensei que así era nas películas a maneira na que un bó director recrearía o meu drama persoal. Unha muller soa, coa mirada perdida, co sol petándolle na cara e bágoas tímidas resbalándolle por detrás dos cristais das gafas de sol.

Achegouse á miña mesa unha gaivota e comezou a comer alí mesmo a empanada e os emparedados que me puxeran de pincho, e non tiven nin forzas nin gana nin necesidade de mover un músculo para alonxala de alí. En certo modo non me incomodaba a sua presencia, tan allea a min como calquera outra cousas das que estaban a suceder no mundo xusto naquel instante.

Soou o móbil dentro do bolso, e imaxinei quen chamaba, e a conversa que teriamos, e o que viría despois, así que deixei que soara como un pequeno xesto de rebelión contra o futuro inevitable. Esta vez non, esta vez non sería como estaba previsto.

No hay comentarios: