19 mayo, 2011

Algo está cambiando

Á marxe da campaña electoral un novo movemento irrumpiu na escea nacional, primeiro en Madrid, para ir logo extendéndose polas grandes cidades (e mesmo chegou a Pontevedra) ao berro de "estamos indignados, democracia real xa", para facer tremer os cimentos deste sistema politico que a cada paso se desmorona e ameaza aos xoves cunha década perdida.

Leo os xornais, escoito os debates pola radio e pola televisión nos que se fala deste 15-M e vexo fotografías da protesta, sin evitar derramar bágoas de emoción, pois por fin sinto que está sucedendo algo, que a xuventude que parecía dormida, despertou por fin oprimida polo paro e a falta de oportunidades. Miles de xóvenes en paro , preparadísimos, probablemente a xeración máis preparada das últimas décadas, agonizando en contratos basura, infravalorados e malpagados, todo un potencial intelectual que se está perdendo co que iso conleva tanto para o país como para eles mesmos. Porque dos 20 aos 30 anos, ao igual que dos 30 aos 40, perder unha década de traballo e progreso no ámbito laboral e formativo significa perder o futuro, un futuro que non poderá recuperarse logo.

Mírome dende fóra e sei que eu tamén tería que estar agora en Sol, acampada e organizada xunto con todas esas persoas que sin grande base organizativa e homoxeneidade ideolóxica, se levantaron contra un sistema capitalista que demostrou que fracasou e que non é quen de manter intacto o noso sino de identidade: o Estado de benestar.

Fracasaron as políticas do FMI, fracasaros os gobernos europeos e fracasou o noso modelo político e económico. Toca un cambio, un cambio político que busque unha reconstrucción dos posutalados básicos, á marxe do sistema actual, e que redefina o modelo económico facendo primar a igualdade e o medio ambiente.


Miles de xóvenes , feridos de morte por un sistema que xa non da máis de sí, que só se preocupa do capital e non das persoas, que se deixou enganar pola man invisible dos mercados, saen á rúa en plena campaña electoral para dicir "algo está cambiando".

Non sei qué alcance real chegará a ter o 15-M no resultado electoral do próximo domingo 22, a verdade é que me mostro escéptica respecto a isto, porque non podemos esquecer que se tratan dunhas eleccións municipais e autonómicas na que o voto se decide valorando outras premisas e outros intereses. Probablemente se note nas Autonómicas de Madrid, e quizais nas municipais, certa tendencia ao voto en blanco que non creo modifique moito o resultado final. Sin embargo, lonxe da relevancia que poida ter o 15-M no proceso electoral do domingo, o que é indudable é que vai ter relevancia no futuro deste país. A xuventude -e os non tan xóvenes- están poñéndolle as pilas aos políticos, aos de esquerdas sobre todo e dicíndolles que sí que hai solución. Non son un grupo de persoas desorganizadas , ignorante e antisistema, senón xente que cree na democracia e pide maior capacidade e compromiso dos políticos nun momento no que queda demostrado que cos postulados de Adam Smith o único que conseguiremos será máis desigualdade sin conseguir maior competitividade coas outras potencias económicas.


O éxito deste movemento, penso eu, está na súa continuidade despois do 22-M; non nunha continuidade a pé de rúa durmindo ao raso en Sol , senón, na súa presencia continua e organizada nos medios que o fixeron nacer e desenrolarse: en internet. E conseguintemente , na súa presencia continua nos medios de comunicación de todo tipo e na sociedade en xeral, como interlocutores fundamentais cos partidos políticos e organizacións, para que a súa "indignación" non só non quede no olvido, senón que sexa tida en conta polos políticos, para que dunha vez por todas tomen as riendas do que sempre debeu ser o seu oficio, gobernar para os máis desfavorecios e na procura de sanear o Estado de benestar.

*

As revolucións son posibles porque arrancan dun sentimento profundo, dun convencimento profundo e dunha vontade profunda de mudar as cousas. Existe tamén a urxencia dun cambio, a seguridade de que é necesario un novo rumbo ou do contrario xa non haberá saídas posibles. Pero as revolucións non se fan só co corazón, e así, os xóvenes que están acampados en Sol nestes días contan con todo un aparato autorganizativo que está sendo apoiado por veciños e empresarios desinteresados que son o soporte imprescindible para que estas protestas se estén levando a cabo.

Quizais isto sexa unha das cousas máis relevantes da protesta. E relativamente sinxelo para a xuventude actual utilizar as redes socias, e vía twiter montar nuns minutos unha manifestación que berra e corea democracia xa ou o que sexa. O difícil é manterse vivos na loita pacífica,noite tras noite, improvisando no centro de Madrid un campamento urbano. E iso só se consigue cando detrás desta multitude indignada, cabreada e axfisiada polo sistema se atopa parte dunha sociedade que sente os seus problemas como propios, que os comprenden e apoian as súas reivindicacións ao cen por cen. Por iso os madrileños que teñen negocios colaboran con este movemento aprovisionandóos de alimentos , de sanitarios, de medicamentos, de mantas, e de canto precisan para manterse firmes na súa loita na rúa.

E ollo, quizais os membros activos deste 15-M non acudan as urnas o domingo, ou dentro dun ano nas eleccións xerais, pero todos aqueles que dun xeito silencioso e non visible están apoiando a toda esta masa que dixo por fin basta xa, estos sí que van ir votar e son unha parte tamén unha parte numerosa da sociedade.

No hay comentarios: