Estou lendo nestes días con relativa atención as reivindicacións e propostas dos "indignados " que tomaron dende fai quince días as plazas máis importantes das nosas cidades e ainda que suscribo totalmentes as verbas dun abogado en twiter, que viñan a decir que non se pode agardar que alguén saia do coma bailando unha sardana, non comparto con rotundidade as propostas deste movemento. Defende a ultranza o estado de benestar -como fago eu- e piden a reimplantación de medidas de caracter social que o propio Zapatero implantou e logo se viu na obliga de retirar por mor da crise. Pero a defensa do estado de benestar, a salvagarda efectiva do mesmo é máis complexa que a súa mera formulación teórica. Non hai benestar sin progreso, sin beneficios , sin competitividade. Ao igual que non hai benestar sin carga impositiva. Que temos que defender con uñas e dentes o noso estado de benestar, signo distintivo do noso sitema económico productivo e político é innegable, pero ¿cómo logralo nun mundo que cada vez se volveu máis globalizado e máis competitivo, no que a economía europea perde forza comparativamente con respecto a Estados Unidos e á gran ameaza asíatica, ao sistema economico chino, ( e antes da gran destrución causada polo terremoto e o tsunami, o sistema económico xaponés)? As reformas políticas son importantes, e mesmo necesarias, pero son de todo imposibles de levar a cabo si non pasamos primeiro por unha autentica renovación do sistema productivo e non procuramos por riba de todo a competitividades co resto dos sistemas productivos mundiais. Falar de política á marxe do sistema económico nun mundo globalizado, superada a era da industralización e insertado de cheo nunha era tecnolóxica -biotecnolóxica- é quedarse á marxe da realidade e construír postulados teóricos que que morrerán no ardor romántico da utopía.
A clave, e ao mesmo tempo o gran reto que temos que asumir canto antes é a modificación do sistema productivo, resaltando os rasgos distintivos do mesmo como é o factor humano e social ,pero sin perder de vista a necesidade de ampliar a competitivade cos mercados mundias. ¿Cómo se fai isto? O erro máis grave que probablemente se está a cometer é procurar a competitividade emulando aos americanos, esto é , liberalizando o mercado laboral, facilitando o despido, ampliando as xornadas de traballo e deixando estas ao arbitrio dos empresarios, primando en fin a liberdade da empresa e deixando de lado o factor humano. O sistema americano funciona a nivel económico, pero destrúe o estado de benestar e polo tanto non é o sistema que debemos defender.
Hai outro problema. ¿ Quenes temos que loitar xuntos pola procura dun novo sistema productivo que nos permita manter a flote o noso estado de benestar? A resposta neste momento parece ser Alemania, o motor da UE e ao que seguimos todos os membros da Unión sin rechistar. Segundo gran erro. Alemania non é Europa e non defende os intereses de Europa. Por eso, resulta fundamental saber quenes somos, que temos en común os europeos , e ser concientes de que a construcción dun modelo económico novo que nos permita competir con EEUU e Asia debe construirse en común, sobre bases europeas conxugadas e cohesionadas, cunha política económica común efectiva que defenda os intereses de toda a Unión.
Solo a través dun novo sistema productivo europeo, conseguiremos restablecer a productividade, superar a crise e competir a nivel mundial coas grandes potencias económicas, sin que eso implique o asesinato lento e agónico do noso estado de benestar.
Podemos pedirlles aos políticos miles de cousas utópicas, democracia directa a través de grandes asambleas, reducción de altos cargos, e carros cheos de políticas soiais (becas, pensións as 65 anos, pensións non contributivas, sanidade pública e de calidade a través da contratación de máis persoal, os 426 euros, a lei da dependencia...) pero todo esto non é posible si non hai recursos suficientes, si non hai productividade.
Ao igual que a igualdade tampouco e posible si non hai recursos que repartir. ¿ Qué sistema productivo temos que adoptar entón? Esta é a gran pregunta, e quizais esté na súa resposta a clave do noso futuro.
Quizais os xoves acampados ven con claridade os problemas e plantexan solucións lóxicas e desexables, que son máis ben modelos de sociedade ideal que pretende a recuperación de dereitos que criamos conquistados e irrenunciables. Pero no que hai que afondar é nas posibilidades reais de modifcar o sistema económico-productivo para ser máis competitivos, sin que eso signifique copiar aos amercianos. Fan falta políticos responsables, e tamén economístas, e psociólogos, e filósofos e periodistas, e bombeiros, e albañiles, e membros de toda a sociedade que xuntos constrúan un novo modelo para Europa; unha miragre como cando apareceu Keynes despois do crack do 29 e o reinventou todo. Precisamos un novo keynesianismo que nos permita aflorar na econía mundial coa diginidade de antaño e que non implique a renuncia ao mellor que temos, o compromiso social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario