Algo está mudando na política vilalbesa, e non hai máis que ver cómo estaba o pasado domingo o salón de actos do Instituto para comprender que os socialistas de Vilalba xa non se esconden , xa non teñen medo e levan con orgullo as súas cores socialistas e a súa ideoloxía por alí por donde pasan.
O próximo domingo, día 22 de maio, eu cumplo anos e espero celebralo si non cun resultado electoral que convirta a Eduardo Vidal en alcalde, si cun resultado que faga máis forte a oposición do PSOE dentro do concello de Vilalba. Dende que teño uso de razón non coñecín en Vilalba (nin tampouco en Cospeito, a miña segunda patria) un alcalde que non fose do PP. Dende sempre, asistín cos meus pais aos mítines, e comecei despois , nos meus tempos de universitaria ,a militar primeiro nas Xuventudes Socialistas e logo no PSdeG-PSOE, e por iso podo comparar as realidades políticas en primeira persoa ao longo destes anos. Fai anos en Vilalba os homes e mulleres que tiñan unha ideoloxía de esquerda, que non comulgaban coas ideas do PP, tiñan medo de saír á rúa e dicir abertamente que non estaban de acordo coa política que facía a dereita. Non acudían aos mítines e non se deixaban ver en epoca de campaña electoral acompañados de socialistas. Nos mítines éramos moi poucos, recordo algúns de dez persoas. Era algo que tiñamos asumido, como se na terra de Fraga as cousas non puidesen mudar nunca.
Pero afortunadamente os tempos foron mudando, e fai catro anos, cun goberno socialista en España, e un goberno socialista na Xunta de Galicia, produciuse en Vilalba toda unha revolución ,e os resultados electorais para o Partido Socialista foron os mellores da democracia.
Agora, cun goberno en España que está en decadencia, e goza do descrédito popular por mor da crise global, e cun goberno na Xunta do Partido Popular, todo parecería indicar que Vilalba continuase na súa liña de dereitas de sempre, na súa quietude e inmovilismo de sempre, e mesmo que voltase o medo a instalarse nas xentes. Pois non. Os socialistas de Vilalba, militantes, simpatizantes, ou simplemente homes e mulleres de esquedas que sin moita preparación, pero con moito sentido común, son conscientes de que a politica do PP só beneficia a uns poucos, perderon o medo a que os vexan . E máis , recuperaron o orgullo de ser o que son, e non só non se esconden ,senón que se pasean por bares e rúas coas insignias do partido nas solapas e contan abertamente a todo o mundo o que significa sentir, vivir e votar socialista.
O mitin de Vilalba do pasado domingo, é un reflexo fiel do que estou a contar. Un cheo indiscutible, xente aplaudindo emocionada e contenta. Ilusión. E esperanza, por fin, dun cambio que sen dúbida Vilalba se merece.
Contou Vilalba coa presenza do Ministro de Fomento, un home de Palas que nunca deixou de ser veciño e amigo dos seus a pesar de dirixir un ministerio; que ven a Galicia cando se lle require, e que sinte con orgullo a súa terra e así o demostra constantemente. Estaba tamén o Presidente da Diputación, José Ramón, o noso candidato ,e a número dous da candidatura, Elba Veleiro. E tamén, a miña irmá ,que ía alí en calidade de Diputada Autonómica, pero que para min era tan só a miña irmá.
Non sei que vai acontecer o próximo día 22, pero a ilusión e a ledicia , e o orgullo que puidemos sentir en Vilalba nese mitin, ninguén pode xa arrebatárnolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario