02 junio, 2011

A mesma sensación que cando tiña 15 ou 16 anos e remataba un curso máis do instituto; esa nostalxia acumulada de golpe nas entrañas, esa tristeza mezclada coas promesas dun verán a punto de estrenarse, ese abismo de incertidume ante o futuro e a esperanza de que o próximo ano voltemos a atoparnos todos xuntos na mesma clase, coa mesmas poucas ganas que tiñamos este, coas mesmas queixas, construíndo sen darnos conta un comezo de amistade.

*

Alba, Tito, Mónica, Yuliet, Leticia, Ana, Elisa, Bea, Paula, María, Luis, Rosana, Nilsa, Conchi, Montse e Raquel.

*
Cristina.
*

Hai emocións, sensacións, que nunca deberiamos deixar de sentir, das que non debemos privarnos baixo ningún concepto. Ir a clase, compartir durante un ano pupitre nunha aula de instituto ,coa súa pizarra verde e as súas sillas e mesas verdes, facer deberes, falar en clase, facer exames, poñerte nerviosa, namorarte dun compañeiro, quedar despois de clase, facer amigos, quedar para estudiar, ir dar apoio aos compañeiros nos exames, intercambiar os números de telefono, prometernos amistade, sentir unha profunda tristeza ao rematar o curso, aferrarnos como se de un salvavidas se tratase a ese último día, o día que dan as notas, como a posibilidade última de dicir o que non se dixo antes, de sentar as bases do que vai a ser a nosa relación no futuro, a amistade a proba, e a promesa -sempre a promesa- de encontrarnos no próximo curso, ainda que todos sabemos que nada será igual.

No hay comentarios: