14 mayo, 2011



Cando vivía en Santiago lía todos os días El Correo Gallego cunha devoción que raiaba a obsesión. A través dese xesto pequeno sentíame parte daquela sociedade viva e bulliciosa, cidadá santiaguesa pola gracia da universidade. Eran tempos de moita xuventude co que iso conleva, e eu descubría o mundo a través daquel xornal que me poñía en contacto coa realidade que transcorría fóra, lonxe da miña axetreada vida de universitaria que nunca puxo os pés na facultade de Dereito máis que para ir facer os exames. Cando marchei de Santiago para virme a Pontevedra pensei que o que máis botaría de menos sería a miña dose de xornal diario. Pero afortunadamente somos animais de costumes e caemos rápido en rutinas novas que nos fan esquecer o que quedou atrás, e aquel xornal pasou a mellor vida na miña memoria.



Comecei a ler dun xeito natural, casi sin darme conta, El Diario de Pontevedra con dedicación e entrega de adolescente que descobre o mundo. Xa non era universitaria, e comezaba a vivir unha vida real, con problemas reais ,e na miña nova etapa o Diario de Pontevedra ía ser a miña folla de ruta para moverme por unha cidade descoñecida.



Engancheime enseguida a este xornal , ata o punto de rexeitar calquera outro ainda que os contidos sexan sobradamente mellores. ¿A quen lle importan os contidos cando un xornal pode unirte por fíos invisibles a unha cidade e ás súas xentes?



Logo namoreime un pouco , e diredes, qué ten eso que ver co tema dos xornais; pois él escribía no Diario e facíao moi ben, por certo. Entón a miña dedicación e entrega ao Diario de Pontevedra convertiuse nunha devoción casi relixiosa, de fan ou de militante, que comulga a cegas con cada liña, con cada columna , con cada titular.



*



A min a política gústame moito, por eso deixei o teatro para estudiar Ciencias Políticas pola Uned, así que nestes días de campaña electoral eu ando especialmente contenta, como de festa todo o día de mitin en mitin e de cea en cea. Eu milito no PSOE de Vilalba e alí están os meus candidatos e tamén será alí onde pase eu a xornada electoral e onde deposite o meu voto para o candidato Eduardo Vidal, pero a estas alturas da miña andadura pontevedresa, Pontevedra tírame tanto como a miña aldea e as miñas raíces. Vou detrás de Louro con ánimo de fan adolescente, e aplaudo con rabia cando nos mítines se arranca cun "vou ser o alcalde de Pontevedra".



A candidatura de Pontevedra, a verdade é que me volve tola. Gústame do principio ao fin, e teño que confesar que eu non era devota de Antón Louro ao princio, que incluso me parecía algo estirado e inaccesible, pero un home que foi Delegado do Goberno, cunha traxectoria política impecable , que se codeou cos grandes da política a todos os niveis, ten unha xenerosidade abraiante cando retorna á súa cidade para volcarse na política municipal.



Agora non só considero a Louro un home xeneroso e un bó político , senón que me ten totalmente gañado o corazón. Porque Antón Louro non gaña a confianza da xente a través de discursos nos estrados, senón a pé de rúa, nas distancias cortas, falando cos veciños de tú a tú, contento de estar no lugar no que se atopa agora, pelexando pola alcaldía da súa cidade.

No hay comentarios: