A piques de que remate abril o panorama non pode ser máis desolador : medio mundo tembla de medo ante a ameaza dunha pandemia, a xa famosa gripe porcina exténdese por tódolos continentes e a morte pulula detrás como unha amarga sombra.O sol non acaba de aparecer nesta primavera que se resiste máis da conta e os parados multiplicanse a un ritmo de vértigo. Vai comezar Maio, o mes por excelencia da felicidade e sin embargo a cousa non pinta nada ben. E no medio de tanta noticia desagradable leo no xornal algo alentador, que a crise dispara a venda de preservativos e obxectos eróticos, si, eso é, que o sexo se convirte nunha terapia contra a crise ao tempo que se convirte tamén na forma de ocio máis barata á que todos poden acceder con tan só un pouco de ganas e imaxinación.
***
Polo demais unha continúa vivindo tranquila e ata casi contenta neste discurrir de días grises que rezuman desgracias a borbotóns. Os medios de comunicación son casi un instrumento de tortura e non se divisa nin unha mínima esperanza ao lonxe, pero eu sigo casi contenta como si todas as plagas deste mundo non fosen conmigo. Vexo cada maña dende a miña mesa de traballo a mesma cristaleira azul, e detrás a mesma árbore que se mantén en pé con dificultade , á beira dunha sinal de dirección prohibida...E esa paisaxe estática da cidade que se divisa dende a fiestra conforma a miña estabilidade matutina. Logo está o ordenador, coa internet que abraia cos contidos infinitos, e as voces de amigos que chegan a través do mesenger, do correo electrónico , do teléfono...e o mundo queda suxeito por esas voces esta maña, cada maña...a pesar do que acontece fóra, igual que esa árbore flaca e esa sinal vermella e branca, que soportan con dignidade a choiva de abril, a choiva de tantos abriles ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario