Debería falarche da actualidade, do que está a suceder hoxe no mundo, do morto de onte en Londres ,cando protestaba en contra do sistema, por exemplo. Ou da miña postura ante o cume do G-20, ou de tantas e tantas cousas que hoxe me manteñen inquieta e expectante. Pero o certo é que non falo diso porque no fondo dubido. Non sei de que lado estou: milito nun partido político, comparto a súa ideoloxía e teño tamén as miñas ideas propias, e non sei si debo posicionarme dentro do City ou fóra, atrincherada á beira da miña tenda de campaña. ¿Estou dentro ou fóra do sistema? Esa é hoxe a miña principal dúbida, que me corroe, que non me deixa durmir, nin pensar neses ollos preciosos que ti tes. Non sei si estou do lado de Sarkozy , ou pola contra me posiciono con Obama, ou quero mediar no conflicto da man de Zapatero, ou me colgo unha mochila ás costas e unha pancarta ben grande que poña "todos á merda".Dubido, dubido, dubido...Quizais terei, meu querido , que agardar aos resultados para posicionarme definitivamente. Unha vez alguén me deu un consello, "si non sabes por qué camiño coller, séntate á beira da encrucillada, e espera". Eso fago, meu amor, dubido e espero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario