03 abril, 2009

Obama en Londres


Sucedeu onte. O cume do G-20 celebrouse e rematou exitosamente, ou polo menos esa é a impresión que esta mañá me transmitiron os medios de comunicación. Encendín a radio e púxenme optimista. Obama resultou ser o líder que agardábamos, lembrando os erros da gran depresión e escoitando sin impoñer ( non se sabe moi ben si porque non está en condicións a economía estadounidense de impoñer nada, ou pola contra estamos ante a nova postura de EEUU ante o mundo) e todos gañaron.

Onte eu non sabía de que parte estaba, si do lado dos países que conforman o G-20 ou do lado dos manifestantes antisestema, e hoxe, non puiden evitar sentir unha pequena emoción cando escoitei que Zapatero saiu reforzado trala reunión de Londres. O seu logro: ser intermediario perfecto e conseguir unha desaparición dos paraísos fiscais a medio plazo.

Ao final , todos contentos, quizais máis pola necesidade de acadar felicidade que polos resultados reais obtidos. A economía é como o amor, un estado de ánimo, e onte todos os países desexaban alcanzar un estado de comunión perfecta, de unión insondable que nos fixera máis felices a todos. "¿Quéresme ou só cres que me queres? "-preguntou o amante á súa amada. E ela contestou, "¿e acaso non é o mesmo?". Todos precisamos esperanza, luz nesta crise global que non da tregua, e estamos dispostos a agarrarnos ao que sexa con tal de recuperar un pouco da felicidade perdida.

Quizais mostra diso sexa imaxe dos xornalistas rodeando a Obama para fotografiarse con el, olvidandose do motivo polo que estaban alí, e na procura tan só dunha foto coa esperanza negra do século XXI para o seu album familiar.

Obama tivo o seu baño de multitudes e foi aplaudido e bitoreado polo xornalistas ao pechar coa súa intervención. Mandatarios de todo o mundo buscaron tamén o momento da ansiada foto para a portada dos xornais dos seus respectivos países. Nisto triunfou Berlusconi que logrou a foto de " somos coleguillas". Non sabemos si EEUU vai liderar a saída da crise, pero dende logo Obama consagrouse como o lider que nós queriamos ter. O tempo dirá si a mesma multitude que aplaudiu a Obama lle pedirá ademais de predicar que tamén de peixes.

No hay comentarios: