Ela foi valente e púxose a camiñar, levando as costas os seus soños, alcanzando un obxectivo firme que non tiña máis pretensión que o propio crecemento persoal. Conseguiuno, chegar e medrar, as dúas cousas. Porque ela sempre chega e sempre medra a cada paso de calquera camiño que se lle poña por diante. Nevaba, e tamén tivo días de choiva, e quizais algunha raiola de sol saiu ao seu paso, pero a climatoloxía era o de menos. Do camiño -imaxino- quédalle a lembranza inesquecible dos amigos que fixo a cada paso, as paisaxes da nosa Galicia cravadas no corazón e o rumor doce da natureza que aloumiña aos que teñen sensibilidade dabondo para deixarse querer pola sinxeleza deste mundo.
Hai moitos tipos de heroes, algúns non fixeron nada doutro mundo ou non pretendían facelo, pero convertímolos en heroes porque precisamos a quen alabar, a quen mirar con ollada diferente, a quen admirar. E nese intento de crear heroes ás veces esquecemos mirar á nosa beira, a quen temos máis preto de nós e darlle o status que se merece. Ela é unha heroína, por moitos méritos, e tamén por deméritos, por qué non dicilo , porque tamén é de heroes saber enfrentarse á adversidade. Véndoa no medio da neve, facendo soa o Camiño de Santiago, xa nos facemos unha idea de cómo é esta heroina galega, que teño a sorte de ter como amiga.
2 comentarios:
Siempre tan guapa e inagotable!.
Besos Susana.
ohhh Gracias sùper reina.me acabo de dar un subidon de moral.GRACIAS,la proxima vez contigo(porque decir que estoy pensando en volver...) que es muy fàcil y espectacular.
Muchos besos.
Publicar un comentario