Os Reis levaronse consigo o quedaba do Nadal, esas pingas de aire diluído entre luces de cores e hipócrita felicidade, e despois de tantos días tinguidos de extrañeza, de abrazos familiares, de amigos que chegan de visita, de idas á aldea, de turróns e mazapán, agradece unha a normalidade dun mércores calquera, no que tan só queda o frío como mostra ineludible deste xaneiro e desta estación.
Tiven de todo, tampouco podo queixarme , pero prefiro o terreno seguro do cotiá, onde as cousas non se desenrolan con demasiadas sorpresas extraordinarias. Pero o Nadal trouxome a Julito, de volta á miña paranoia particular, voltando a ser ladroa de sorisos e olladas, voltando a ese xogo de dobles intencións no que a amistade delímitase cunha fina liña quebradiza que nos deixa moitas veces vulnerables,co corazón espido. E logo os amores de sempre, esas pequenas obsesións que nos alegran a existencia e nos quitan da rutina das semanas. O Home Guapo segue a ser o máis guapo, lucindo expléndido baixo as luces da cidade adormecida, e o Viaxeiro continúa co seu camiñar polo sur, coa compaña dos seus colegas inseparables. Ao teléfono chegan chamadas de amigos que se despiden antes de partir, como si esa última chamada en territorio coñecido fose máis cercana que unha chamada feita dende calquera outro punto do planeta, e a través do mesenger contannos que tal foi a chegada, o regreso ás labores cotiás, a volta á vida en definitiva. No facebook descobres os días festivos dos amigos, esa viaxe que fixeches ou ese bar repleto no que non che gustou a marca da cervexa. Alba sorrí dende unha fotografía que fixemos na Coruña, e eu lembro con nostalxia xa infinita ese momento especialmente doce e aterrador ao mesmo tempo no que coa súa voceciña débil, de nena de casi tres anos, me pedía pis no medio do algarabío duns grandes almacéns. Xacobe e o seu último abrazo de despedida, antes de partir cara a Madrid, trouxome prendida na solapa unha nova que me emocionou máis que calquera outra cousa, a última emoción do 2008.
O certo é que non estivo tan mal , a pesar de todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario