02 enero, 2009

Venres, primeiro venres do ano, segundo día do ano. Supoño que nada relevante, si o queremos ver así. Tan só un día máis no calendario. Teño os ollos cansos, fora o día está gris, morriñento, triste. Non chega moita luz da rúa, nin bullicio, nin siquera sopla un susurro do vento nos cristais. O ordenador lanza mensaxes a través do mesenger, veñen de lonxe, como doutro mundo e doutro tempo. Falamos de calquera cousa, só por dicir algo, arrastrando as verbas con complacencia cansina. Fálolle dun libro que estou a ler, a miña primeira lectura do ano (cumplindo a promesa que fixen, A estación violenta)e logo salto á noite de fin de ano, á desidia que me invade neste venres de primiros de ano. O pasado faise denso cando o recibes nunha pantalla de ordenador. Eu penso que aquilo non tivo moito que ver co amor, pero sempre fun romántica e namoradiza. Quedan os recordos, como cicatrices implacables, imperecedoiras. Pero hoxe a esperanza ten outros nomes que non son do pasado, outras promesas, outras inquedanzas. Os comezos de ano teñen o seu punto de optimismo, quizais teña algo que ver con iso das fronteiras imaxinarias. Cruzamos unha fronteita, indemnes , e agora toca comezar de novo. Deus, qué sorte, podemos comezar de novo¡¡¡¡ E si consigue un liberarse do feixe de promesas que se fai un a si mesmo cada noitevella, pois poderemos acadar algo semellante á felicidade.
O caso é que comezou o 2009, e eu rompo a miña primeira promesa , a de finalizar este blog ao rematar o ano. Claro que as promesas adquiren significado precisamente por iso, porque se poden romper si asume un as consecuencias. O futuro era isto, esta luz tenue sobre a cidade, este cansancio infinito nos párpados e nas pernas, as lentes de contacto resecas frente a pantalla do ordenador, na solapa as nostalxias prendidas dun ano que nos queda demasiado lonxano, bicos mortos gardados en calquera caixón, e un suspiro infinito como un alento quente sobre os corazóns.Feliz ano novo¡¡¡¡

No hay comentarios: