13 enero, 2009

Paisaxes nevadas





Dúas estampas reais, da neve destes días sobre dúas cidades ben distintas, Santiago e Madrid. En cada unha delas , dous amigos inmortalizaron estas paisaxes de inverno, para deixar constancia non só do frío, senón tamén da carga emotiva, da nostalxia , da ilusión pequena que encerran as primeiras neves do ano...As cidades paralizanse un pouco, e irremediablemente volta unha a aqueles días da infancia, onde o frío nas mans non era nada comparado coa enorme ledicia que supuña enrolar a neve ata formar grandes bolas e ir así construíndo un boneco ao que mamá nos deixaba abrigar despois cunha bufanda vella. Eran días sin escola, días festivos por azar da climatoloxía, que viñan coroados de xogos diferentes , sós ou en grupo. Batallas terribles a "bolazos" que remataban en risas , ás veces tamén en pequenos disgustos accidentais. Eramos nenos.

Aquí non nevou. Pontevedra cubriuse dun manto de friaxe que non trouxo neve, e quedamos condeados ao frío sin máis, como nenos sen regalos no dia de Reis. Hoxe voltou a choiva, e os soños parecen morrer en cada pinga. A nostalxia da auga caendo sobre as cidades é ben distinta, dende logo. E non se parece á infancia.

No hay comentarios: