Por certo, si hoxe fose un día como calquera outro tería unha ledicia de venres nas costas. E sin embargo, teño encabronamento, absoluto. Total. E si, teño un carro cheo de bos propósitos para o ano novo, si, caio no topicazo como quen tropeza na mesma pedra unha e outra vez. Ao final é ben difícil escapar dos convencionalismos impostos. Agora as rebaixas, e ese deus chamado Amancio que se empeñou en vestirnos a todas impoñendo tamén unha parte inevitable de xaneiro. Teño mala leche, (en galego sona mal, moi mal, hai expresións que non poden traducirse e conservar a súa dignidade). A dignidade...só a perde unha con gracia en nome do amor, entón é perdoable. Incluso o máis terrible dos ridículos é perdoable.Pero non estaba a falar diso, verdade? Falaba dos propósitos de ano novo, das promesas que me fixen a min mesma,as máis dificiles de cumplir. Pero o ano novo trae tamén algo de esperanza,non? Eu poño a miña esperanza no discurrir lento do tempo e da vida. Tiña que estar en calquera outro lugar, quizais con Paco cruzando Portugal na súa furgoneta, apurando os segundos observando o mundo e falando sobre o seu final, alá no 2012, di él. E a min encantame escoitalo, deixa saír as palabras cunha musicalidade especial, e todo cobra unha realidade distinta. Si, esa é a súa virtude, facer que as cousas parezan distintas, relativizar todo o que conta, como si o mundo e a vida puidesen contemplarse dende un prima distinto en cada segundo, e non perder nin pinga de honestidade. Tiña que estar con él porque foi o único que me propuxo irme con el, porque é o único que estaría disposto a deixarse querer. Así de simple. E sin embargo aquí estou, malgastando minutos nunha mesa de oficina.
Pero ás veces as cousas simplemente non poden ser. E tampouco ten tanta importancia, a miña vida está chea de cousas que non poden ser. Estou resignada. Quereres imposibles e estacións prohibidas. ..Xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario