23 enero, 2009

FIN DE GH10


Son fiel seguidora de Gran Hermano, dende aquela primeira vez que nos enfrentamos a un formato de programa totalmente novedoso, ata hoxe, dez edicións despois. O meu entusiasmo foi sempre o mesmo e tamén o foi a felicidade que nalgúns momentos me proporcionou este concurso. Nunca escribín moito sobre este tema, en parte porque hai outros foros, outros cauces máis idóneos para comentar todo sobre Gran Hermano. Pero este é o meu espacio particular, e hoxe apeteceme máis que calquera outra cousa expresar a miña ledicia pola final que vivimos onte os fans de Gran Hermano, e sobre todo os fans de Iván Madrazo, o gañador indiscutible da décima edición do concurso.

Eu fun unha máis das persoas que finalmente, día a día , durante uns catro meses, acabou por namorarse deste home . Foime conquistado a medida que observaba os seus movementos dentro da xaula de crital na que se convirte esa casa. Eu son "voyerista" , recoñezo esto non como un defecto ,senón como unha característica da miña personalidade. Gústame indagar nas vidas alleas, e atopo certa complacencia na observación deses seres que nos mostran as suas virtudes e miserias nese micromundo que a televisión crea para eles.

Namoreime de Iván, da súa maneira de ollar, das súas verbas sentimentalistas , da súa maneira de sentir, de expresar abertamente os seus sentimentos sin pudor...

E un dos meus guapos da tele. E extraño, non chegarei a coñecelos nunca, pero cando os vexo por televisión non podo evitar sentir unha emoción pequena, e mesmo un pouco de afecto. Quizais non sexa máis que artificial ilusión, pero sexa o que sexa, gústame a sensación de tranquila felicidade que me proporcionan. Os meus guapos da tele.

No hay comentarios: