Todos os amantes que tiven ao longo da miña vida -os que tiveron certa trascendencia ,polo menos- teñen en común a paixón excesiva polo Cola Cao. Eu fai anos que eliminei da miña dieta este produto alimenticio que se comercializa dende tempos inmemoriables en envases vermellos e amarelos, e que todos docemente asociamos a aquela publicidade "yo soy aquel negrito..."A explicación é sinxela: engorda, engorda moitísimo. Pero aos meus amantes encantalles, e entón, este producto convirtese nos estantes da miña despensa nun medidor dos meus sentimentos, do estado no que se atopa o meu corazón.
Fun comprar Cola Cao, e iso só pode significar unha cousa.
A él gústalle moito. Disfruta dunha taza quente, burbulleante, cos grumiños de toda a vida, que eu mesma lle preparei, mentres fumamos un porro, despois de foder como si o mundo rematase despois dese instante. Prepar un tazón de Cola Cao é para min un acto de amor. Contemplo o seu rostro, sereno e relaxado, despois do sexo, e miro os seus ollos cunha admiración dificil de comprender para os que nunca estiveron namorados. Sinto predilección por cada milímetro desa pel, dese corpo que se me entrega con ansia e sin freno. E o leite quente con Cola Cao é un broche final para unha comunión extraña dos que son amantes por riba de calquera outra interpretación.
Cando estou na cola do supermercado, co meu bote de ColaCao asomando tímidamente por entre os demais artigos da cesta da compra teño a certeza de que é amor o que sinto, sin lugar a dúbidas. E agradezo nese intre que a vida sexa capaz deses xestos clarificadores.
1 comentario:
E o desamor, pola contra, é que se che caduque o bote de Colacao no estante da cociña...entre telarañas e bágoas de soedade...En fin...todo ten un reverso.
Publicar un comentario