15 enero, 2009


Creo que son algunhas das pastillas que me tomo as que están a mudar a miña fisioloxía. Durmo, durmo de maneira sobrecolledora, toda a noite, e sin propoñermo demasiado -máis ben sin poder evitalo- casi toda a tarde. E atopo neses momentos de sono profundo auténtica tranquilidade, doce ledicia , non a sensación certa e espida de estar a perder o tempo. Tamén encontro no meu organismo outros efectos secundarios, quizais máis molestos, ou polo menos máis preocupantes. Teñen moito que ver estos efectos co desexo carnal, así, sin máis, coa procura do prazer da carne ainda que sexa a soas, na propia intimidade dun cuarto a media luz, despois de cear un bocadillo de salchichón. Somos pura química, e eso acojona, si o pensa un ben. Depende da cor da pastilliña que lle metas ao corpo vas ter tristura, ledicia, calma, euforia ou mesmo un baleiro absoluto que conduce ao letargo. Somos pura química. Eu durmo por prescripción médica, para evitar sentir unha tristeza que me consuma os nervios nalgúns periodos que non controlo de todo...pero ¿quén pode controlar absolutamente todas as súas sensacións? e máis, ¿quen quere facelo?



A vida é amarga, máis no inverno, baixo este frío que non acaba de regalarnos neve en Pontevedra, baixo esta auga dos mil diaños que si ven con vento nos amola máis. A vida é sinxela, despertar coa radio vomitando noticias ao carón da orella dereita, casi sempre violentas ou profundamente tristes; logo acudir ao traballo coa ausencia dun bico na alma, e deixarte caer no bar de sempre frente a unha taza de café e a compaña daquel amor que non puido ser. Quizais sexa o mellor momento do día. Despois todo é rutina, minutos que transcurren sin demasiadas emocións, sin sorpresas, sin espectativas dunha vida mellor.



Non sei nin como quito forzas ás veces para teclear palabras no ordenador, como son capaz de dicir que a vida tamén pode salvarnos en ocasións, cando menos o esperamos. "Precisamente la vida nos sujeta porque no es como la esperábamos", dicía Biedma , e quizais él viviu máis ao límite ca min e coñecía mellor as posibilidades deste mundo. En todo caso, aquí estou, todavía indemne, coa mirada lúcida e o corazón recomposto, pero sin ánimo para demasiadas batallas. Hoxe voltou a choiva , e iso non é malo de todo. Lembro a Julito, de noite, á beira do Teatro Principal , coas mans nos petos, encollido polo frío, observador , calado...coa boca perfecta. Parece como si sempre chovese nesa esquina precisa da cidade, onde sempre coincidimos, onde sempre nos atopamos na tesitura de decidir onde vamos.





Paco recomendame a lectura de libros por sms. Perde romanticismo falar de literatura a través dun teléfono móbil. Pero así é a modernidade e o progreso. Viaxa na súa furgoneta por toda España, e devora libros como buscando na lectura o que non atopa na viaxe. E gústame que o comparta conmigo. E curioso, comparte as lecturas, pero non me conta ningunha vivencia das que seguro lle están a suceder polos camiños. E eu, na soedade do meu cuarto, cando por casualidade consigo manterme desperta, leo os mesmos libros ca él, e penso que comparto con el a mesma viaxe.

1 comentario:

vanesa dijo...

Estás segura de que las "pastillitas" te son convenientes?...

Bicos