16 octubre, 2010

Schopenhauer dixo que o home tiña que aprender a vivir sin a confianza no mundo que lle ofrecen a metafísica e a relixión," estamos sós, o ceo encóntrase baleiro" dixo. Este home morreu fai 150 anos e sin embargo a súa filosofía está de total actualidade, porque Schopenhauer foi dende logo un adiantado ao seu tempo.
Lembro con certa nostalxia aquela época na que eu difrutaba lendo a este filósofo e un dos seus libros era o meu libro de cabeceira. Era máis nova e todavía buscaba respostas na filosofía; respostas que nunca atopei. Agora é distinto. Agora non creo na filosofía e tan só me consagro como única fe na propia natureza, na vida mesma de tódolos seres que poblan esta terra. Quizais esa sexa a resposta, unha volta á natureza, á pureza do aire e ao canto dos paxaros. O murmullo da auga, o sol nunha tarde de outono e o son das follas cruxindo baixo os pés cando paseas polo monte. Fágome vella e mudo a miña concepción sobre todas as cousas. No fondo estou chea de contradiccións, afógome nelas. Pero sei que disfruto máis ca nunca co paso das estacións sobre os campos, dos seus aromas e sabores e da súa maneira de saudarnos con ternura. A vida é un mudar constante de estacións e a felicidade quizais consista en plegarse ao ritmo deses cambios estacionais e disfrutar das pequenas cousas que cada época do ano nos ofrece.
Octubre discorre lentamente no meu cuarto de estar, entre libros e películas que me fan medrar pouquiño a pouco. Non preciso nada máis. E a hora de deixar de verter lágrimas e de perder o medo ao futuro. O futuro pode construírse cada día, facerse e desfacerse á nosa vontade. Nada é definitivo. O que elixo hoxe é unha elección que serve para hoxe. E o único que podo garantirme a min mesma.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Reina, a min tamén me da a sensación de que non debe haber moito máis có que sentimos, é unha visión que os cartesianos tildan de materialista, pois eles sí creen na dualidade corpo-alma. Esta mesma visión materialista aplícoa ó Universo. Se xa Darwin demostrou fehacientemente que era posible concebir a Natureza sen o concurso de divinidades, por qué non vai a suceder igual co Universo. Creo que solo somos un producto da casualidade. A mesma lei dos grandes números que establece que ante moitos intentos sempre hai algunha ocurrencia concreta determinada, fixo que houbera un Universo, probablemente un máis entre outros de diferentes leis físicas, e que sorprendentemente -o máis sorprendente de todo- agora estemos reflexionando sobre eso. Somos os ollos do Universo, cos que el se observa e investiga a sí mesmo. Os átomos dos que estamos formados foron literalmente cocidos (sintetizados) no interior das estrelas, as cales explotaron en supernovas soltando toda a materia polo Universo, e agora aquí estamos, tan orgullosos de nós mesmos que olvidamos continuamente que solo somos un puñado de materia e que algún día deixaremos de disfrutar do maior dos regalos : a vida.

¿A quen lle importa o que eu penso?. Evidentemente, a ninguén, á raza humana costóulle moitos séculos liberarse da visión antropocéntrica que puxo en práctica na meirande parte da historia, e aínda hoxe en día nos costa non sentirnos o centro de gravedade do noso mundo particular.

Solo escribo esto aquí porque son libre de pensar á miña maneira, e por simpatía por este blog. Unha aperta.

Reina de Palandria dijo...

A liberdade de pensamento é unha das grandes conquistas do noso tempo, moi recente, por certo.E xa non digamos a liberdade de acción...ainda conquistada a medias. O da simpatía, eso sí que é un ben escaso neste mundo. Gracias