Unha frase que parece un rompecabezas, pero que sin embargo eu encontro chea de lóxica. Realmente esto é o que sucede durante, ou despois do amor. Pero non dun amor calquera, senón despois dos grandes amores, eses que nos levaron por sendeiros nunca antes transitados, que nos puxeron ao borde do precipicio tantas veces e que acabaron moitas veces por aniquilar a nosa enerxía e mesmo a nosa alegría. Os grandes amores, eses que nos levaron á todas as cimas posibles e alcanzables , para deixarnos caer despois, sumíndonos nun baleiro triste e longo que acompaña sempre ao desamor.
Despois deses grandes amores, e pasado o tempo da dor que produce a ruptura, o desapego, a nostalxia, e moitas veces tamén o rencor e a rabia si o ser amado nos causou grandes feridas , despois, queda esta frase como única verdade entre esas dúas persoas que durante algún tempo se confiaron un ao outro as súas vidas. Da igual no que se transforme a relación entre eses dous seres que tanto se amaron , da igual que chegaran a odiarse e mesmo a facerse dano. Non se lle teme , non se lle temerá xamais a esa persoa que unha vez nos amou e nos fixo felices. E tamén é certo ,que si algunha vez amamos a alguén con tódalas nosas forzas, si o vimos feliz entre os nosos brazos algunha vez, tranquilo e sorrindo, conocémolo. Conocémolo mellor ca ninguén , e da igual o que suceda despois, si voltamos ou non a dirixirnos a palabra, ou mesmo a mirada algunha vez. Seremos por sempre dous seres que se coñecen por riba de todo e iso é algo extraordinario
No hay comentarios:
Publicar un comentario