09 marzo, 2010

Unha chamada inesperada que anuncia unha visita inesperada...
Hai cousas que o tempo non cura, que non coloca no seu sitio, quizais porque xa estaban no seu sitio incluso antes de que existise o tempo...Esas encrucilladas que nos devolven a pequena esperanza en días aciagos.
Existe un aceite miragreiro para tódalas cicatrices, que as vai borrando coa parsimonia e a suavidade coa que os ríos van formando os cantos rodados. Pero eu teño demasiada presa, e non podo agardar mil anos por unha reconstrucción. Ese é o problema.
Marzo tiña un significado preciso na miña adolescencia, e mesmo na entrada á madurez. Marzo facíame feliz sin máis, tan só coa súa chegada sobre os ceos e os campos, coas primeiras margaritas e o anuncio ansiado da primavera. Agora é distinto.
Demasiadas cousas mudaron no meu gusto, nas miñas ansias, nas miñas inquedanzas...
Polas mañáns a felicidade é un café con leite con dúas cucharadiñas de azúcar e un xonal que me fale da cidade, así de sinxelo. A brisa do día nas meixelas. A nostalxia de toda unha vida adormecida, polo menos ata o mediodía.
Tamén é esa chamada inesperada, e os bicos que non son máis que nas miñas ensoñacións nocturnas, e os emails que espero e non recibo..., e os emails que envío namorada, e os relatos que recibo de cando en vez dun home marabilloso e que me axudan a respirar...Todo o demais, é rutina que non cobra sentido máis que en determinados estados de ánimo. ¿Realmente, pódese vivir así?

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Conmueves mi retina.
Un beso.
"Hai cousas que o tempo non cura, que non coloca no seu sitio, quizais porque xa estaban no seu sitio incluso antes de que existise o tempo..."