Estou nun momento raro -por dicilo dalgún xeito- da miña existencia. Deixei aparcada toda pretensión de felicidade para conformarme simplemente cunha pouca de tranquilidade. Así que agradezo as rutinas que me traen tan só calma, e non me sinto infeliz por non moverme constantemente entre cohetes e luces de artificio. A monotonía de días iguais descubriuseme como un novo paraíso descoñecido, que pode aportarme moito máis do que eu cheguei nunca a imaxinar.
Deboro películas como quen toma un medicamento, por obriga, por necesidade, por costume. E en cada película encontro unha pequena ilusión que é suficiente para continuar adiante con certo optimismo.
Tamén me abandono con certo gusto á lectura de libros que escollo moi meticulosamente, para non equivocarme de golpe e botar ao garete a miña tranquilidade construída a base de dedicación e esforzo. E nesto paso eu o tempo: en buscar as películas e os libros que en cada momento casan mellor co meu estado de ánimo, nun intento de non equivocarme e non caer nunha espiral de melancolía innecesaria.
Tamén me dedico ao té, e a todo tipo de infusións. Bebo infusións casi a todas horas -sin ser unha esaxeración- e elixo as infusión do mesmo xeito que as lecturas e as películas. Lentamente, dun xeito reflexivo, tendo en conta o meu momento particular, os meus sentimentos e os miñas fobias do momento. Gústame descubrir nos estantes das herboristerías e dos supermercados infusións exóticas, das que nunca escoitara falar e disfruto descubrindo o seu sabor na primeira hora da tarde, mentres escoito unha e outra vez unha canción que se me meteu na cabeza casi sin que me dese conta. "Pesadilla Genérica" resoa dentro e fóra, da igual que funcione ou non o Mp3, sempre ese "salí con esa sensación /de un nuevo comienzo para mí/Me tomé una copa o dos/ brindé comnigo y por mí" enchendo ese espacio que queda entre a miña conciencia e a miña esquizofrenia, como un canto esperanzador que encaixa á perfección nos meus plans de tranquilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario