14 marzo, 2010

Necesito unha fiestra aberta...Respirar.
Necesito unha canción que non sexa -esta noite non- melancólica.
Necesito a voz dalguén ao outro lado, coa man tendida.
Non máis accidentes nin máis suicidios improvisados,
para saír do paso con certa dosis de dignidade. Hoxe non podo. Necesito demasiado, tamén son bastante consciente diso. E das limitacións que conleva tanta ansia contida, tanta emoción que non vai a ningures.
Está lonxe o paraíso prometido. Eu quería creer en ti.
Ninguén a quen amar. Ninguén, sin máis.
¿Necesito alguén a quen amar?
Unha autopista que non conduza ao pozo do que saín. Que alguén se moleste en seguirme esta noite, coma si fóse imprescindible para a súa superviviencia. Cruel. Todo é demasiado cruel no amor. E na morte.
Sentir. Non ten demasiado sentido.
Perdín a oportunidade de volverme tola nuns bicos que non eran meus, que nunca serían de todo meus. Foi a miña aposta. Agora non estou moi segura de que o premio era permanecer así, entre a cordura e a nada, sin nostalxia nas venas, sin febre.
Non volverá a repetirse.
Necesito...
Necesito que sexa a primeira vez que algo me saia ben.
E primavera.
Olor a primavera nas aceras e baixo as papeleiras.
Cada vez que penso nel sinto unha tristura azulada, que se me pon a altura do estómago. Un transtorno innecesario, pensar nel. Inevitable ao meu pesar.
Chámase...chámase, ¿cómo é?
Non, necesito -sobre todo- deixar de soñar.

No hay comentarios: