Languidece o tempo sobre as avenidas...Fixo sol, e ao abrir a fiestra ulía a primavera. Emocioneime un pouco, despois de tanta chuvia, despois de tanto chover tamén por dentro.
Faloume alguén da dignidade, máis ben deume un consello, un bó consello que recordarei máis dunha vez, que terei en conta.
Hai moitos xeitos de perder a dignidade, pero tamén é sinxelo recompoñer o noso ego ferido e aplastado no chan ,e rexurdir da man da nosa dignidade. Casi sempre os que miden a nosa dignidade son os demais, nos que nos reflexamos coma si se tratase dun espello. Pero a dignidade comeza e morre nun mesmo. E algo que teño claro , só eu son o barómetro da miña dignidade. Ainda así, comprendín o que este amigo me quería decir, tiña razón. ¡ Qué difícil recoñecer que os máis teñen razón ¡ Non lle din as gracias, porque aos amigos -tamén mo ensinou outro amigo- non se lles da as gracias por nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario