25 marzo, 2010


O feliz momento pausado da infusión: unha taza de menta.

O tempo suspendido na calor tinguida dunha cor parduzca...olor a menta diante da pantalla do ordenador. Pensamentos positivos que non precisas de grandes piruetas nin xogos co destino. Aquí e agora, eu tomando unha menta poleo sin pretender cambiar o mundo. Sin pretender nin siquiera cambiarme a min mesma. Sin revolución.

Logo sucederán cousas baixo o ceo outra vez gris. A primavera con chuvia. Marzo marchando de puntillas, sin facer ruído...sin abrir feridas que ainda poderían sangrar. Resbalando polas esquinas dos teus soños...A esperanza tamén é parduzca, dunha cor verde escura que casi parece marrón.

Sigo no laberinto, no medio do tempo de sabor a menta e tranquilidade construída a conciencia. Aquí e agora, tempo de infusión.

No hay comentarios: