11 marzo, 2010

Teño a impresión de que cometín demasiados erros nun curto espacio de tempo. Merda, o tempo...esa extraña maneira de medilo todo. O pasado , o presente, o futuro...Teño medo da primavera, teño medo de que cheguen os días longos e non encontre a maneira de encher as horas baleiras dunha vida baleira.

A música non é unha maneira de escapar , tan só é unha maneira de deixarse morrer, unha especie de suicidio no medio dos días insoportables na cidade. Hai algúen. Apareceu alguén, pero tampouco chegou para salvarme, e eso , ponme verdadeiramente triste.





Cheguei ata aquí

e non sei cómo continuar...

Novos comezos sin finais previos,

a tristura chámabase desencanto.

"Os libros que ainda non lin

e as cancións que ainda non escoitei

forman hoxe parte de min",

quero que muden o meu pasado.

Non quero morrer na tarde de hoxe

non quero voltar a equivocarme ,

quero atopar a maneira...

de deixar de ter medo, á primavera.

Había unha copa por tomar a medias

un salón blanco cun sofá blanco

e un sorriso tamén blanco que me susurraba

algo...,verbas descoñecidas, quizais que non existiran nunca.

Foi un soño,

e ao despertar, tiven que chorar

como unha nena que acaba de descubir

que a vida non é un xogo ,

que as bonecas rompen fácil

e os días grises son a maioría.

A tristura chamábase desilusión,

sonaba demasiado cerca,

cun rumor de ondas dun mar durmido,

alleo ao meu corazón cansado de equivocarse.

Quero que me leas o porvir,

díxenlle a unha xitana na praza Maior.

e puiden ler nos seus ollos.

ao tempo que me dicía que

o futuro xa estaba escrito,

que o meu soño non ía a cumprirse xamais.

Bebín unha copa ou dúas, para esquecer...

Para esquecerme da xitana,

da tristura, de tódolos erros de cada día,

da luz do día e de tantas noites a soas

coas miñas pantasmas...

Bebín para esquecerme de Alex,

de tódolos homes que non me quixeron...

Para durmir, para soñar, para deixar

por un instante de vivir na realidade.

No hay comentarios: