27 febrero, 2011

Escribín tantas veces a miña decepción sobre el, que unha vez máis non debería supoñerme unha ferida de tales dimensións. O único que realmente me amola é que son consciente de que a primeira vez que quedei soa, co sabor da súa boca na miña e a decepción toda do mundo nas entrañas, despois de que me dixese que non quería nada conmigo máis alá da amistade, a culpa da miña desolación era só súa,pero as sete ou oito veces seguintes repartidas ao londo de catro anos, coa tristura que me deixaron ,non foron senón responsabilidade únicamente miña.
*
E agora toca recolocar as cousas, poñer todo no seu sitio para continuar respirando como si nada. ¿Dónde poño o seu nome entre as miñas inquedanzas e paixóns? Pensei en tiralo directamente ao lixo, e mesmo sopesei seriamente a posibilidade de mudar a enerxía -a enerxía non se crea nin se destrúe , só se transforma- positiva do amor que sinto por él, en profundo odio, ata que non quedase nin rastro de aquel sentimento inicial que me enchía de ternura. Sin embargo, logo de darlle voltas dinme conta de que non paga a pena loitar contra o inevitable. Vou coller o seu nome e o recordo das caricias e poñelos a bo recaudo nun lugar soleado do meu universo. Polo menos outros catro anos.
*
O amor gústame nas películas, gústame na literatura...Na vida real o amor só nos quita enerxía moi necesaria para vivir; o amor en sí é un desperdicio.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Reina : ¿O amor? Direíche o que é o anxo Cupido : un verdadeiro fillo de mala pécora. Eso é Cupido, que máis ben debería chamarse Cuspido.

Reina de Palandria dijo...

Moi bó, si señor. Cuspido