09 febrero, 2011

O seguinte paso, que quizais debería ser o primeiro, foi comprar un cortauñas.
*
Hai días nos que me desperto sobresaltada, inquieta, coa memoria dun soño que me transportou a algún lugar coñecido do meu pasado recente no que ainda nos queriamos. Descubro deseguida que foi só un soño e penso na necesidade de borrar as pegadas que deixou na miña vida para sempre. Presinto que non hai remedio. As veces teño a impresión de que o tempo xoga ao meu favor nalgún tipo de relacións que se torcen de primeiras, pero neste caso teño a certeza de que cada día que pasa nos alonxa un pouco máis. Seremos moi pronto dous extraños que non teñen nada que dicirse, que nin a peor das desgracias nos achegaría un pouco, e eso , doéme demasiado. Gustaríame ter o valor de facer algo, algo definitivo. Marcar o seu número de teléfono e dicirlle que o boto de menos, ou o contrapunto desta decisión: borrar o seu número do meu móbil , desagregalo do facebook, esquecer que existiu.
*
Saiume sin querer, un saúdo tímido pero marcado, o movemento dos meus labios acompañado dun xesto coa man. Era un saúdo que non deixaba dúbida.Ás veces sucédeme, esquezo que esa persoa que de pronto me cruzo pola rúa me fallou e que por decisión propia quiteina da miña vida para sempre. Non son rencorosa, esquezo rápido os feos que me fan e incluso a dor e a humillacións que situacións me produciron, pero non quero perdoar sin máis, porque simplemente hai persoas que nin merecen o meu perdón nin eu me merezo vivir en paz con elas.
*
...recibín un email cando xa non contaba con el. Trátase dun email elaborado, nótase que quen o escribiu pensou que se atopaba no centro do meu universo e que non desexaba ferirme con impertinencias nin palabras sinceiras que me deixasen sin esperanza. Dinme conta de que son unha total incomprendida ao ler este email. Pensan que morro por eles, que cada palabra ,cada xesto , cada si ou cada non, será interpretado por min como un "todo" capaz de levarme á felicidade ou a tristeza máis profundas. Pensan que me narmoro sin remedio. Cada home co que me cruzo no camiño e que desperta un pouco o meu interese pensa que se convertiu de súpeto no home da miña vida, que non existe outro e que calquera cousa que faga ou diga pode ferirme. Si eles soupesen qué lonxe de min está mesmo a posibilidade mínima de namorarme...

No hay comentarios: