Decidín que as promesas de ano novo non fosen -por unha vez- tan só promesas para incumplir sin impunidade e sin remordimentos. E fíxeno ao grande, volcándome nas miñas pretensións como si se me fose nelas a vida. Esta vez parece que está funcionando.
Deixei de beber como si non existise futuro máis alá do cú do vaso no que agoniza o vodka con naranxa, e tamén deixe apartada por decisión propia calquera tipo de atracción sexual cara o xénero masculino. Anulado deste xeito calquera tipo de desexo que poidese manifestarse na madrugada, e coa conciencia tan sumamente limpa , despois dun mes sin resquicio de vicio no meu horizonte insoportable, tan só me quedaba rematar a faena por completo e entregarme ao verdadeiramente serio, ao reto absoluto: deixar de comerme as uñas. Levo unha semana coa determinación firme de acabar dunha vez para sempre co que foi dende que era moi pequena a meu peor pesadelo , o meu gran vicio que ata hoxe consideraba irrenunciable. Si miles de fumadores ante a obriga legal de fumar nas portas das cafeterías, á intemperie , como parte apestada dunha sociedade que por fin respira ao mesmo tempo que tomar unha cerveza, pois por qué non ía eu deixar de meter os dedos na boca e rebañar a uña ata chegar á carne e saborear o meu propio sangue.
Nesas estou e vaime bastante ben. Como todos os que se propoñen vencer a un vicio que ten certo arraigo histórico na propia persoa, tiven que tomar algunhas medidas previas que sin dúbida estanme axudando moito. O primeiro un set de manicura, para cando sexa necesario (ahí está a motivación) ; despois, un brillo endurecedor con queratina, unha crema reparadora de cutículas, un cortacutículas e unha lima. A cousa está funcionando.
*
Anulado o desexo, e coa conciencia sumamente limpa, como dicía antes, a vida discorre no medio dunha tranquilidade que me acojona un pouco. Non beber, non follar, non perder os papeis, emocionarme o xusto e non ter a máis mínima posibilidade de namorarme estame proporcionando unha calma que nin tódolos tranquimazíns do mundo lograrían en mil anos. De saber que era tan fácil cantas visitas ao psiquiatra puiden aforrarme nos últimos tempos.
*
Ata sentarme nunha cafetería diante dun home polo que outros tempos o marcapasos se me poñía á altura da gorxa é agora un feito casi intrascendente.
Podo saborear o momento dun xeito distinto, sin esa tensión incómoda que me facía sudar e perder a consciencia da miña propia voz, do que estaba a dicir, facéndome quedar moitas veces como si fose parva. Desterrar da miña vida a atracción sexual, a posibilidade real de consumar esa atracción nun revolcón sin precedentes, levoume a aproveitar os momentos dunha maneira completamente distinta, e dende logo moito máis gratificante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario