Quedeime plantada no medio da Guerra Civil un venres pola noite. Algo hatiual, pola contra, un feito sin máis ao que non debería de darlle importancia. Sin embargo, últimamente acontéceme demasiado eso de quedarme plantada no medio dos grandes acontecementos da humanidade, coa palabra na boca, e o que é ainda peor, a solución a tódolos grandes problemas mundiais na punta dos beizos, sin ninguén disposto a escoitala. Claro que tamén pode ser que últimamente estou desenrolando algo moi incómodo por outra parte, unha certa intolerancia ao alcol que quizais ten que ver coa miña pérdida de peso repentina. Son máis delgada ca antes e con tres cervexas vou trompa perdida. E a realidade. E ante algo así non queda outra que adaptarse á nova situación, cousa que non é fácil e que por tanto ainda non teño controlada de todo.
Hai dúas opcións, a primeira renunciar a esa terceira cervexa que acaba por fundirme na miseria da irracionalidade, a líbido desbordada e a pérdida de reflexos, ou ben, unha segunda opción máis tranquilizadora e racional que ao mesmo tempo é aburrida e conleva certa dose de vontade : a abstinencia. Ante esta decisión trascendental, que sempre se me presenta nun momento nada propicio como é a hora nada recomendable das tres da madrugada dun venres calquera pola noite, eu opto sempre pola saída máis sinxela, a da inconsciencia. E claro , de ahí que deixe sempre os problemas do mundo sen resolver, perda os bicos no medio do barullo das discotecas e ao doblar calquera esquina de calquera rúa pontevedresa esqueza o amor que me acompañaba agarimosamente colléndome da man. Afortunadamente sempre atopo a miña casa e a cordura segue alí, agardando por min coma unha nai paciente e bondadosa que sabe que o seu fillo é tolo pero riquiño.
Díxeronme que había unha terceira opción, non saír da casa. Pero esa ainda non a teño en conta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario