Toda sociedade debe proporcionar algunha ideoloxía que lexitime a desigualdade para manter así a estabilidade do sistema de estratificación. A relixión en mans das élites políticas e económicas foi a ideoloxía que con maior frecuencia se encargou de manter as desigualdades de clase. Sin embargo, co derrumbe das sociedades feudais e a chegada da revolución industrial, caeron as vellas ideoloxías e é neste contexto de sociedades industriais modernas onde a crenza na igualdade de oportunidades demostrou ser unha ferramenta nova e poderosa para lexitimar a desigualdade.
Para explicar o efecto sociopsicolóxico que a igualdade de oportunidades ten na lexitimación das clases podemos tomar como exemplo explicativo o estudio de Lane, realizado en 1962 e considerado agora clásico. Lane toma como mostra aos homes traballadores dunha cidade industrial do noroeste dos EEUU e realiza entrevistas minuciosas a quince deses traballadores bracos de "pescozo azul".
Estes homes crían na igualdade de oportunidades e Lane descubre que esta crenza inflúe profundamente no que estes homes pensaban sobre a súa posición na vida. Así , esta crenza levaba a estes homes que tiñan un estatus baixo a sentirse responsables do seu baixo estatus por ter algún defecto ou por ter actuado desaproveitando oportunidades . Estes homes adquiren unha opinión baixa sobre eles mesmos porque sinten que deixaron escapar oportunidades, como por exemplo oportunidades educativas ( si tivese ido á universidade...pensan). E esta baixa autoevalución axúdalles a explicar o seu estatus relativamente baixo.
Pero a xustificación da perda de oportunidades educativas permítelles ademais manter certa xustificación tamén ante eles mesmos, pois as oportunidades educativas deixáronas escapar uns xoves inexpertos, inmaduros e irresponsables e non os adultos que son agora..
A outra cara da moeda é que na maioría dos casos, estes homes conseguiron unha posición mellor da que tiveron os seus pais, maiores soldos e maior seguridade, polo que se sentían orgullosos, e en certo modo sentían que melloraran gracias ao seu esforzo , sin que ninguén lles regalase nada. Si aos que se encontraban en posicións máis baixas ca eles se lles garantía a igualdade sin ningún esforzo, o traballo de toda a súa vida carecería de valor, polo que xustificaban que os máis pobres obtivesen menos recompensas, xa que non traballaran o suficiente.
Deste xeito, os traballadores xustifican as súas maiores recompensas con respecto a outros traballadores de maior estatus porque a ideloxía da igualdade de oportunidades fai que se culpen a sí mesmos da súa baixa posición, e ao mesmo tempo, xustifican que outros reciban menos recompensas (incluso xustifican situacións de pobreza extrema) porque esas persoas tiveron as mesmas oportunidades ca eles e nonas souperon aproveitar.
Según o estudio de Lane, podemos concluír que a ideoloxía da igualdade de oportunidades proporciona unha base para a aceptación da desigualdade nas sociedades industriais. Os individuos acaban por aceptar e xustificar que a desigualdade é dalgún xeito xusta e necesaria.
Hai que ter presente en todo caso que esta tendencia psicosociolóxica a aceptar a desigualdade é a nivel abstracto, pero non significa que se acepten formas específicas de desigualdade ou que non existan graos de desigualdade que se consideren inaceptables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario