Chove sobre finais de maio. Chove sobre Pontevedriña (esta vez sí, esta vez sí que me sinto preparada para darlle este nome a esta cidade). Os nomes -os diminutivos- hai que gañalos co tempo, coa sensibilidade das nosas flaquezas e o abrazo quente das nosas inquedanzas...Os diminutivos saen de dentro dos corazóns para templar o ánimo dos que os reciben, para acariciarlles a meixela e darlles un pouco de alento. Pontevedriña, ao fin. Agora que estou no princio do fin, cando todo se perfila como un adeus na miña cabeza, ainda que físicamente siga estando aquí.
Chove sobre maio...E non me importa a chuvia, nin que o verán se resista, nin que a cidade se me escape das mans, nin que o amor non chegue do xeito desexado...
Hoxe sentín a cidade como miña, qué ironía...Pontevedriña, ao fin.
No hay comentarios:
Publicar un comentario