24 mayo, 2010

Dezaseis

Enfrenteime ao meu cumpleanos coma quen se enfrenta a un acto de liberación feminina, sin maquillaxe e sin sostén, non por convicción nin por desexo propio, senón porque ás veces nun deixarse levar polos acontecementos, á marxe de plans superestablecidos, acaba unha por sentirse máis libre, en tódolos sentidos da palabra. E soplei as velas según o previsto, ainda que no día 23...que a noite non entende de demoras imprevistas e nós non entendimos de presas innecesarias. Houbo o imprescindible, o suficiente, o necesario ao fin e ao cabo na vida dunha persoa e tamén nun día señalado : amigos cos que compartir os momentos e surrealismo dabondo para non esquecer xamais o día, a noite e a madrugada. Non paga a pena contar o que pasou, esa mezcla de "mujeres desesperadas", "Pasión de Gavilanes " e o peor cine de Almodóvar, para que todo remate ben cunha grúa á porta facendo dous servizos e unha resaca chea de perdóns e de remordementos. Pero o sol sae para todos e a luz dalgún xeito purifica as conciencias. Na vida o máis importante é que te queiran e ter a quen querer. E todo iso fíxose evidente.

No hay comentarios: