O ano pasado o día do meu cumpleanos foi un día fatídico, deses que merece a pena esquecer para sempre. Ese día, pola mañá, comezou o principio do fin dunha relación que me tiña completamente transtornada. Non era o meu mozo o home que o mesmo día do meu cumpleanos comezaba a serpararse de min, pero sí era o home ao que eu máis amei na miña vida, e iso é o que conta.
Chorei toda a tarde colgada do teléfono cos meus mellores amigos dándome ánimo e cariño dende a distancia, xa que os abrazos dende tan lonxe desgraciadamente non eran posibles.
A noite, recompuxen o meu rostro o mellor que puiden e saín cunha amiga a beber a cidade enteira si era preciso. Aquela noite remateina follando cun tipo moi guapo, e foi iso o mellor agasallo que podía ter nese día. Non polo polvo, que estivo ben pero non ten demasiada importancia, nin porque fose un home moi guapo, que abofé que o era, senón porque esa intimidade inesperada de bicos e caricias salvoume aquela noite da melancolía e dalgún xeito devolveume ao mundo dos vivos.
Ao día seguinte todo foi a correr porque eu tiña que marchar a Vilalba e nin me deu tempo de despedirme antes de botalo da casa a toda presa. Por iso él nunca soupo que aquela noite salvou o meu cumpleanos e que por iso nunca o olvidarei.
Este ano todo é ben distinto. De seguro que non vou rematar a noite follando con ningún tipo guapo porque o meu retiro entre amigos nun pobo de catrocentos habitantes e tres bares non vai propiciar ningún encontro sexual. Tampouco vou chorar toda a tarde porque o meu corazón non alberga ningunha tristeza chorable. Soplarei un montón de velas nunha tarta feita por min e terei os abrazos dos amigos -esta vez sí- que me darán cariño e alegría.
Boto a vista atrás e, curiosamente, sinto que aquel principio do fin foi o mellor que me puido pasar. E non sinto nostalxia dos bicos daquel home que tanto amei. Curiosamente, sinto máis nostalxia dos bicos efímeros de meu salvador, aquel tipo tan guapo co que rematei a noite follando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario