17 mayo, 2010

Con nh

En cada lugar a vida sucede dun xeito ben distinto. E algo ao que non paro de darlle voltas ultimamente. Hai tantas formas de vida como lugares, quizais , tantas formas de vida coma persoas...
Hoxe hai unha luz ben distinta no meu ceo, e descubro as cousas con outra naturalidade.
Sentei nunha terraza a tomar unha cervexa, soa, cunha libreta e un libro nas mans, disposta a ver pasar xente, a escribir quizais. A ler. Pero de pronto sentaron na minha mesa un home e unha muller, quizais porque lles deu pena a minha soedade, ou por non ocupar tantas mesas. Si, debeu ser por iso, unha simple cuestión de economía. O caso é que a minha soedade viuse truncada e nese intre comprendín que precisamente isto é vivir. Un desfacerse constante dos plans feitos, un discorrer de acontecementos que nos collen por sorpresa, que nos quitan da nosa rutina e nos tocan dalgún xeito o corazón.

No hay comentarios: