12 diciembre, 2009

Tempo equivocado

Tempo de crise. A memoria dos días felices é tan só esa pequena balsa no medio dun océano, pero non é suficiente para chegar ao outro lado dos problemas. Aquí sucede todo dun xeito desfigurado, entre triste e tedioso, con moito vértigo. Ese vértigo, sobre todo, que sente un ante o desconocido, ante o que nos agarda ao doblar a esquina e que sabemos será desolador. En todo caso, non queda outra que tirar para diante, nun intento constante de non pensar, de non sentir, de non sufrir...
Tempo morto nas miñas esquinas, nos vértices dos meus soños rotos dende fai xa demasiado. Pero a conciencia segue intacta, taladrando o meu soño, como si dun monstruo se tratase, que quere acabar de matarme en vida, de conseguir que me rinda definitivamente.
Ese pesimismo negro dos días con resaca, que se confunde coa melancolía pero que sobre todo nos deixa un nó na gorxa que me afoga aos poucos. A vida que non colle forma nas miñas mans. Os erros , un tras doutro, como inevitables, abrindo o meu camiño a trancas e barrancas, de mala gana. E no corazón un baleiro profundo que é peor que calquera soedade. Hai un tempo para cada cousa, pero este é un tempo equivocado.

No hay comentarios: