Perfecta palabra a palabra relación. Caben nela tódolos pecados e tódalas desgracias do mundo, así de sinxelo, nunha soa palabra. En cada momento da nosa vida temos centos de relacións paralelas, cada unha distinta, cada unha igualmente descentralizadora e fatal. Tantas relacións como persoas, e isto non deixa de ser un caos.
Pero sempre hai relacións peores ca outras. Levanteime coa boca pegada, con sabor ácido e unha contractura a altura do hombreiro dereito. Non foi unha boa noite. Amei demasiado, namoreime, e iso sempre é un mal comezo. Si, brutal foi o descubrimento, de pronto, abrín os ollos , eran as dúas e media da tarde dun domingo moi moi frío, e sentíame triste e feliz a medias, como si todo en min estivese dividido, incluso os sentimentos. Tomei consciencia nese xusto intre de que no mundo, onte pola noite , só existía unha persoa. Era o único home do universo, e estaba alí, no medio de tanta xente, tan borracho coma min, tan perdido como calquera e tan seguro de sí mesmo que me deron ganas de querelo para sempre.
Dormín co recordo dun encontro fugaz, casi irrelevante, no medio de bullicio de ceas de empresa e palmadas e abrazos que anuncian o nadal. Dormín mal, e soñei moito. Soñei sin chegar a dormirme de todo, media desperta, como querendo atrapar ese soño e facelo real, e ao mesmo tempo desexando seguir soñando con él toda a miña vida. No soño él tamén me quería, ou algo parecido, non estou segura. Pero a realidade doe , e máis cando che da de bofetadas xusto agora, que todo dios anda coas panderetas e as zanfoñas restregándonos a súa felicidade.
Namoreime, joder. Así , en frío. E non se trata de ningunha persoa extraordinaria, é máis, ten defectos a moreas. Pero guapo si que é. E tamén me da rabia que así sexa, porque eso convírteme a min nunha persoa extremadamente superficial, que parece que só se namora de homes guapos. O caso é que non hai angustia peor ca que da o amor. Sobre todo o amor non correspondido, que é o meu caso. Claro que él ainda nono sabe. ¿Cómo o ía saber, si ainda me enterei eu onte?
En fin, que aquí estou, nas portas do novo ano, coa vida en ruínas e vai e ao meu corazón dalle por tomar consciencia do que lle pasa. De todos modos, non vou a precipitarme, hoxe é un día extraño e eu teño un resacón que me fai dubidar un pouco das miñas percepcións. Terei que agardar a mañá para poder confirmalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario