Hai cidades que che devolven a ilusión polas cousas máis sinxelas da vida, como o amor. Hai momentos nos que os recordos afloran e as sorpresas son ainda posibles. Si o Nadal ten algo de bó é precisamente ese xeito sutil e sinxelo de devolverche aos quereres perdidos, os que por problemas de toda índole, ou por cobardía desapareceron das nosas vidas de maneira que parecía para sempre. O Nadal ten eso de maxia , e resulta marabilloso.
***
Dende fai anos sempre lle pedín un desexo ao solsticio de inverno, que cae na noite do 21 ao 22 de decembro. Os últimos anos recurrín sempre ao mesmo desexo, que nunca se cumpliu, sin perder por eso a esperanza de este ano sí que sería o definitivo. Mantiven unha fe cega nas posibilidades do solsticio durante moito tempo, aferrada á súa maxia e a ese desexo incumplido ano tras ano, coa paciencia e a dedicación de quen xa non ten nada que perder. Pero ao fin todo acaba cansando, e non sei si foi por aburrimento ou simplemente por olvido, que este ano non formulei ese desexo. Nin ningún outro.
O certo é que me deu rabia ao día seguinte, porque este ano por fin ía atreverme a soñar soños distintos, e consagrarme a eles outros cinco anos si facía falta. Nono fixen, como dicía, pero a maxia do solsticio colleume por sorpresa. Non foi preciso formular en voz alta, nin siquiera dun xeito consciente o que eu quería, cumpliuse sin máis. Cumpliuse o día de nadal. E por iso hoxe síntome moi feliz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario