Levo todo o día metida na casa, por varios motivos: primeiro porque chove; choveu todo o día con contundencia e ademais non deixou de facer frío. O frío e a choiva na aldea non ofrecen nada que mereza a pena ao outro lado da fiestra, más vale entón, quedar a cuberto, na cociña, matando o tempo en calquera actividade que non nos volva tolos de remate. Segundo, porque non tiña ningún sitio mellor ao que ir, ou ben non reunín as forzas suficientes para ir a calquera outro lugar. E terceiro, porque ás veces a vida debería limitarse a esto, a permanecer ao quente, entre a familia e o ruído da tele e do teclado do ordenador, e os berros dos meus pais e o latexo do lume na cociña de leña.
Pero o feito de pasar un día encerrada por vontade propia na casa dos meus pais na aldea , non significa , nin moito menos, que esto sexa saudable e reconfortante. Máis ben ao contrario, síntome mareada , ansiosa e con certas tendencias depresivas que me levan a pensamentos extraños e inquedantes.
Certo que non estou no mellor momento da miña vida, e polo tanto non teño que darlle moitas voltas ás cousas para chegar a conclusión de que a miña vida é unha merda, pero de ahí ao estado de pesimismo no que vexo agora mesmo sumerxida -penso- hai un abismo. Desexo con fervor inhumano, -suplico- que pase o mes de xaneiro o máis rápido posible, e que sexa febreiro dunha vez, para afrontar a realidade (a que sexa, a que toque) dun xeito valente e decisorio. Quero decidir, quero tomar decisións sobre o meu propio futuro sin temor a equivocarme, e quero facelo canto antes.
Entre tanto, queda esta semana, a última do ano, profunda e escura como un túnel. Unha semana prescindible no meu escenario, inútil. E ese precipicio chamado xaneiro.
Pregúntome si xaneiro traerá algo de bó á miña existencia, e cando me fago preguntas tan trascendentais non me queda outra que botar man da maxia ou do destino. Aférrome a que algo mude no cosmos coa entrada do 2010, e que todo mellore á miña beira dun xeito máxico e inexplicable. En todo caso, si eso non sucedese, sempre me quedará agardar que remate o fatídico mes e intentar rexurdir de novo despois da mellor maneira posible.
Doulle voltas á cabeza todo o día. Doulle voltas á miña existencia e un nó pónseme na gorxa. Sinto vértigo. Todo é incerto e todo me produce unha floxeira nas pernas que me supera. Da igual que pense no traballo, na miña saúde, no meu futuro, no amor...A miña existencia convertiuse de golpe nun laberinto fatal no que me vexo sin desexalo e do que teño que saír, vencedora ou vencida. En xaneiro conclúe todo, e iso é a súa maxia. Decídense as encrucilladas laborais, decídense as encrucilladas do meu intestino, decídense as ilusións amatorias que comezaron cunha viaxe inocente á cidade condal...Xaneiro é o pasadizo e a porta. O que agarde detrás, eso é outra historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario