En cada esquina agárdanos unha sorpresa. Hai pequenos momentos, nos recunchos das cidades que perden a maxia porque simplemente se diluén en malentendidos que non chegan a aclararse nunca. Pero ás veces, baixo outra luz, cando toda probabilidade de éxito se cría vencida, asáltanos o inesperado, e esa voz extraña e incluso indesexable, faise amable e tibia descubrindo un corazón máis normal do que imaxinabamos.
No medio do caos dos días grises de pesadelo e rabia, tamén cabe de cando en vez un guiño doce que se asemella a unha pequena esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario