15 junio, 2009

Xuño

o tempo que avanza a golpes de infortunio

sin felicidade,

e esa pesadez nos párpados

que se parece tanto á tristeza.

Teño ganas de descansar, por fin, de poñer a miña a alma a salvo. A vida é unha mezcla de pasado, de presente, de futuro. Pero o pasado e o futuro teñen esa mesma inconsistencia, algo irreal pero que se percibe dun xeito extraordinario. Tan só o presente se confunde cos sentidos, tan só o presente enche as nosas horas, e o presente pasa demasiado rápido, enseguida é pasado...enseguida se esfuma. Queda a memoria dos días sobre as nosas conciencias, e pouco máis. Somos presente e memoria, e quizais esperanza.

*

Nos hospitais o tempo cobra outra dimensión. O futuro é unha pantasma que non se deixa ver. Algo así como un soño. O pasado é o único que nos mantén en pé. O presente é dor, un tempo que nos negamos a crer que forma parte da nosa vida. A vida foi antes, será despois. E dificil crer que ese segundo, infinito, de dor, é o único co que realmente contamos. A única certeza posible. Ese segundo.

No hay comentarios: