10 junio, 2009


Elpidia mírame dende a beira da pantalla do ordenador, casi me fala cos ollos...Agarda por Apolonia para saír...púxose guapa. Si a vida fose sinxela eu xogaría con estas dúas bonecas ata conseguir sentirme feliz...Como a vida é o que é... tan só sinto nostalxia da infancia.


A infancia, ese lugar onde todo era posible e a felicidade todavía era un obxectivo realizable . O mundo era amplio, os horizontes non remataban na cola do paro ou nas bágoas derramadas por un adeus escrito na pantalla dun móvil. Eramos libres. A liberdade era un prado cheo de saltóns que ofrecían pouca resistencia, tréboles de catro follas cargados de maxia, moras nas silveiras...A choiva eran charcos nos que saltar coas catiuscas novas floreadas e as tardes remataban nunha taza de colacao e Barrio Sésamo. A vida era sinxela baixo o abrazo duns pais amantes que te coidaban e te protexían. A infancia...


Elpidia é fermosa. Ten o pelo de cor rosa, un rosa chicle BangBang (demasiado azúcar, demasiado tempo sin sentir ese sabor...) e un lazo decorando o seu peito, vermello, brillante, casi empalagoso. Zapatos amarelos. Nunha mesa de oficina ninguén repara , no medio de tantos papeles, grapadoras, bolígrafos...na pequena boneca que discretamente me chisca un ollo dende a súa esquiniña, ao lado do ordenador, sentada sobre o calendario. Son a nena que fun, a que choraba cando por descuido mamá tiraba ao lixo aquel pequeno sobre que encerraba no seu interior unha morea de bonecas recortables. Teño a Elpidia, e teño tamén unhas catiuscas de cor branca, azul e vermella. A felicidade ten a porta aberta diante de min. Non podo negarme.

No hay comentarios: