09 junio, 2009

Suicidio




Teño xuño nos ollos. Chuvia prendida na roupa. Pero esta chuvia non trae nostalxia de outros xuños mellores. Como sucedeu o ano pasado,ainda non celebrei o meu cumpleanos (Salvo por un pequeno detalle que deixo para a miña intimísima intimidade) Como sucedeu o ano pasado, andamos a voltas co tema da festa de San Xoán. As mesmas expectativas de merda, a mesma sensación indolora, insabora, incolora nas extremidades, nas entrañas mesmas. Non hai nostalxia porque todo segue igual, absolutamente igual. Eso provoca vértigo. Naúsea. Paso das palabras e busco mellor un vaso de wisky para afogarme nel. Quero -ainda que sexa - forzar un enamoramento suicida que me conduza a noites memorables, ata que el me diga " lo nuestro no es posible" e eu derrame bágoas de desamor que non me saben a nada porque xa contaba con elas de antemán. Sufrir de amor como unha puta incomprendida que pensaba que as historias de amor remataban como nas películas (canto daño fixo Pretty Woman). Sufrir de amor, ou confirmar o suicidio, por fin. Pero entre tanto, vivir na maxia dos sentimentos a flor de pel, outra pel, si, outra pel na miña. ( a pel, ese paraíso no que todo acaba por comprenderse) E despois, cando o amor suicida se consuma, cando a profecía se cumpla e eu teña o corazón en pedazos ... entón, só entón, saberei o que é a nostalxia. E xuño cobrará na memoria algún sentido, e eu terei algunha historia que contarvos.


Decidida: vou forzar un enamoramento suicida. Si él se deixa, claro.

2 comentarios:

[alec] dijo...

Hum, me temo que a lo largo de mi vida probé algunas drogas y la más dañina fue sin duda el amor suicida. Ten cuidado porque es además la más adictiva, nena...

Reina de Palandria dijo...

es puro desbarre, podría derramarlo por la taza del váter ,pero para eso tengo un blog, no?

Por cierto, el otro día me llamó Jacobo, vi muy tarde las llamadas, estaba encerrada estudiando, estuve todo el finde estudiando como una loca. Estoy ya liberada, os llamo a la noche, y os cuento mis penas. Besazos