Platón conta na República o mito de Er, poñendo a narración en boca de Sócrates. Er foi ao Mais Alá como mensaxeiro, para voltar de novo á terra e contar o que alí viu. Conta Sócrates o que lle aconteceu a Er despois de morrer nunha guerra ,durante os dez días que a súa alma saiu do seu corpo para ir ese lugar ao que van as almas despois da morte, para expiar as culpas, pagar polos pecados e logo reencarnarse durante toda a eternidade. Er convertiuse así durante dez días nun voyeur que viu e oiu o que acontecía no Máis Alá e que tiña a misión de contalo entre os vivos.
O sorprendente deste mito que forma parte da República, é a visión que Platón dá da inmortalidade. Despois de sufrir certos castigos polas inxustizas cometidas durante a vida, a alma xa inmortal escolle o seu futuro. A alma escolle o papel que quere desempeñar na súa vida futura e por toda a eternidade, e deste xeito, ao elexir en qué ser ou personaxe vai a reencarnarse, a alma faise responsable ,e polo tanto culpable, da súa felicidade ou da súa desgracia. Nesa nova personalidade ,nesa nova figura pagará polo seu desacerto na elección ou ben disfrutará das alegrías que lle proporcionará unha elección acertada. Despois da elección, as almas beben do Río do Olvido, e esquecen o pasado, antes de reencarnarse e baixar de novo á terra ,xa para toda a eternidade.

Nesta visión platónica da inmortalidade, Deus é inocente, non se entromete no futuro das almas, que libremente se condenan ou se liberan.Trátase tan só de saber elexir, de buscar esa personalidade, animal, ou esencia na que reencarnarse para alcanzar a felicidade eterna.
Pensar en Er, e nesta imaxe do Máis Alá que se nos dibuxa como unha proba definitiva, na que tan só a propia torpeza ou intelixencia, a propia pericia e sobre todo o coñecemento que cada ser humano ten de sí mesmo e do foco das súas desilusións, dores e desgracias, pode salvar as almas dunha eternidade insoportable, prodúceme un vértigo extraño. Si eu fose Er, ¿qué elexiría?
Constantemente nos queixamos da nosa sorte e envexamos a vida doutros, quizais de amigos e veciños, ou de personaxes famosas, ou de ricos magnates, ou de certas personalidades dotadas dalgún don específico que os converte en xenios. Somos infelices a diario, sin reparar en profundidade cáles son os motivos polos que somos tan desgraciados, e a mairoría das veces só valoramos os momentos agradables da nosa existencia cando algo tráxico sucede de pronto no noso entorno, e comparativamente , nos fai setir afortunados.
Somos egoístas e infelices porque non somos capaces de optimizar o que temos na nosa vida e contruír unha vida plena con eses materiais que nos tocaron en sorte ou que co paso do tempo fomos cosechando de xeito consciente ou incosciente. E culpamos da nosa sorte a unha divinidade ou fatalidade que non podemos ver, a un destino ingrato ou simplente á mala sorte .
Platón dinos a través da historia de Er, que somos culpables. E que ainda podendo escoller habitar noutro lugar calquera do planeta, ser unha personaxe calquera, a que desexemos, tendo fortuna ou sendo habilidosos e eruditos, poderiamos ser infelices. Porque a felicidade ou a desgracia nada teñen que ver cunha posición social, ou con ser talentoso ou fermoso ou gozar de certa fama.
Os homes son responsables da súa conducta, dos seus vicios e das súas virtudes, da súa ignorancia e da súa prudencia.
Neste mito, os deuses xuzgan a conducta dos homes na terra, determinada en gran parte polo tipo de vida que lles tocou desempeñar. Sin embargo, Platón coloca ao home ante o seu propio destino, responsabilizándoo do mesmo, e facéndoo o único culpable dos erros cometidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario