Aquel 5 de xuño pareceume un día especialmente triste, especialmente insoportable, e sin embargo, no medio de tantas desgracias que se ían perfilando unha a unha dun xeito acumulativo ordenado e extraordinario, tiña a sensación de que ainda podía estar agradecida porque todo podía, nun segundo, mudar a peor. Cando as cousas negativas se suceden sin tregua, o corpo adopta de pronto unha textura axeitada para os golpes, xa non doen , tan só amortiguan o seguinte, e así ata que cae un derrotado sin darse moita conta de cal foi o golpe definitivo que te tirou ao chan.
Imaxinei aquel día de xuño que estaba nun rin de boxeo, sangrando, cun ollo de fóra e as pernas dobregadas. Casi non podía manterme en pé, e sin embargo os puñetazos non cesaban, non cesaban...Bó símil, o do boxeador que xa da todo por perdido -ou non, ainda hai esperanza- e mantense firme , digno, nun intento de dasafiar á adversidade ou morrer no intento.
Efectivamente foi un día especialmente triste. Non había máis que hospitais, tubos , cables, máquinas que marcaban rítmos cardiacos...e seres queridos enganchados a eses tubos, cables, máquinas que marcaban rítmos cardíacos...e a ameaza constante dun móbil que ainda podía traer peores noticias. A morte dun neno, unha operación que non saiu ben ,un corazón que non responde, un pai ao que se lle enchen os ollos de bágoas ante a incertidume dun diagnóstico definitivo...
.
Chegou tamén, aquel 5 de xuño, a choiva sobre a cidade, con olor a verán, un verán que non me interesaba demasiado. E imaxinei a morte nos ollos dos que amo, e imaxinei a cousa máis triste deste mundo, unha pequena caixa entrando nun nicho - un pequeno corpo recén nacido sin vida para sempre- e o mundo non puido ser aquel 5 de xuño un lugar peor.
.
Non tiven bágoas, non tiven forzas nin ganas. A voz do meu pai ao outro lado do teléfono, ese pequeno alento no medio do caos ,do infortunio, da incomprensión desta puta vida. Quixen mandalo todo á merda, ata que lembrei de novo o sufrimento real, de novo os tubos, os cables, as máquinas marcando o rítmo cardíaco...O cangro, a morte, a vida, o amor, o medo, a choiva, a noite , a esperanza...Aquel 5 de xuño pareceume un día especialmente triste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario