O verán instalouse oficialmente coa fin de semana de terrible calor que acaba de pasar. Eu estiven en Lugo reconstruíndo unha vella amistade coa frescura casi dos adolescentes. Porque hai amistades así ,que afloran cando lles das un pequeno espacio, como si o tempo e a vida e os distintos camiños que cada un de nós tomamos non puidesen alonxarnos nunca. A verdadeira amistade consiste precisamente niso, nos encontros a través do tempo nos que a conversa flúe como si a última vez que nos atopamos fose onte á tarde e non fai anos.
*
Estaba cambiándose para saír, probando vestidos e zapatos na procura máis da comodidade que doutra cousa,e ao rematar buscou dúas pulseras que lle dan sorte e que facían xogo co vestido polo que optou finalmente. Pero cando xa tiña postas as dúas pulseiras, unha branca e outra negra, quitou a negra e dixo : "Para ti, eres mi mejor amiga y quiero que tengas algo mío". E eu quería dicirlle tantas cousas naquel momento...Pero ás veces non podemos expresar o que sentimos con palabras, e simplemente dixen gracias.
*
O neno de seis anos díxome nada mais coñecerme:
-¿ y tú cuantos años tienes?
-Como tú madre- contestei eu.
-Estoy confundido, mi madre y tu no sois como las señoras de vuestra edad. ¿ Por qué?
*
Despois de casi dez anos díxome no medio dunha festa popular , entre churrasco ,vellos e gintonics que se lembraba moitas veces do único bico que nos demos, no asiento de atrás do coche de miña irmá unha noite de borrachera. Logo díxome que lle gustaría casar conmigo, ter un fillo conmigo , vivir toda a vida conmigo...
*
No hay comentarios:
Publicar un comentario