Estou lendo un libro no que se parte dunha concepción pesimista do home, como un ser horrible, incapaz de solidaridade, de amor, de compaixón. Un ser cruel por riba de calquera outra máxima, ao estilo de Plutarco "o home é un lobo para o home". E pregúntome entón, ¿cal é a miña idea sobre o home? ¿creo todavía na raza humana?.
O libro vai sobre a guerra, os seus horrores, o seu sinsentido , sobretodo. E de como a guerra nos deshumaniza ainda máis ata facernos esquecer quenes somos, a quen odiamos e por qué os odiamos. Supoño que eu todavía estou a salvo desta visión negra e nada esperanzadora sobre a nosa especie. Non vivín ningunha guerra nin episodios violentos de calquera tipo, son dende este punto de vista, unha privilexiada.
Sí, creo no home todavía, cunha fé cega e absoluta. Creo que hai homes malos e que a maldade , o crime a opresión a tortura...non están xustificadas de xeito algún, que non hai culpables máis alá do que causa o mal mesmo, pero creo que prevalece un fío de solidaridade invisible que nos une dalgún xeito e que se fai visible cando o necesitamos. Creo nas posibilidades e no futuro. Na intelixencia e nos sentimentos de fraternidade e ternura. E creo que era hora de que mo dixera a min mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario