E vivo no mundo mui sem prazer..."
***
...a tristura que trouxo a néboa mezclouse con 38 de febre no meu corazón. O meu corazón cansado, esta vez, cansado de máis. Esta vez sí que parecía que non estaba da miña parte: o meu corazón. Pero despois pasou ese orballo que o cubría todo e me ía rizando o cabelo a contragusto e agriandome o corpo enteiro, e pasou a febre, e pasou a fin de semana coa esperanza dun luns máis no calendario...unha porta aberta, un libro aberto...Hoxe comezo a reflexionar, sobre tantas cousas, cariño, cariño, cariño...¿cariño? A utopía soa hipócrita na miña pantalla de ordenador. Non sei o que quero, gran erro. Cadaquén porta a súa propia dor e o seu escudo. Eu non coñezo a miña dor nin o meu escudo, consecuencia, non me coñezo. Gran mentira dos últimos anos: eu non me coñezo, non me coñezo, non me coñezo non me coñezo non me coñezo nonmecoñezo nonmecoñezo
...sí, teño dous obxectivos. Pero non sei cómo chegar cómo se sube unha a esa montaña e cómo constrúe fóra do tempo o que nunca comprendeu...adeus ao móbil adeus a tódolos homes que non souperon marcar o meu número de teléfono cando eu necesitaba escoitar a súa voz ao outro lado...adeus as verbas baleiras...adeus -dunha puta vez, dunha puta vez- a Jorge (fóra, fóra, fóra¡¡¡¡¡¡) adeus, adeus, adeus
ás cancións de amor que non din máis que mentiras
aos amigos que só chaman cando non teñen nada mellor qué facer
aos enimigos que me joden os días
ás pastillas que non dan felicidade
...adeus...
¿Atrevémonos ti máis eu a contestar a gran pregunta? Qué carallo, non temos nada que perder...
¿Qué queres, Reina?
Quero que me chames cando teñas un montón de planes para a fin de semana, cando teñas un montón de amigos que agardan pasar unha noite de festa contigo, e que no medio deses amigos che falte só eu, que me botes de menos ...a min, só a min. Que a praia sexa un día nublado sin min, que o bar esté baleiro sin min, que o teu móbil teña o meu número en últimos contactos, que me convides a cear, que me digas qué facemos hoxe, que me preguntes si son feliz, que me leves lonxe moi moi lonxe de min...
¿qué máis? que me queiras, e que mo digas coas mans, coa mirada, co teu silencio si é preciso...
e que me sorprendas...unha vez, tan só unha vez...unha soa vez que compense tódalas veces que chorei no sofá nas tardes de domingo porque me sentía demasiado soa
que me sorprendas, da igual a maneira, non importa, son fácil de conformar, de sorprender
Pero sobre todo, sobre todo, non quero ser o teu "por si acaso me fallan os plans" un segundo prato para a diversión unha amiga a prazos que toma pastillas a diario para tirarse da cama cun mínimo de dignidade
¿Quedouche claro, Reina? O que queremos tú máis eu. e polo que estou moi enfadada
...e que lle den polo cú a tódolos imbéciles dos que me río mentres eles pensan que se rin de min, que son imprescindibles. Portadores das súas miserias, coma todos. Sempre no escaparate, irreais, fantasmas, patéticos. Iso é o que penso dos frikis, guapos, superguapos, pseudointelectuais, estrellitas etc etc...que estou farta de tanto papanatismo, de tanta estrela de pacotilla nun mundo de víboras sin remedio. Cadaquen ao seu, non hai máis. E logo fan o que poden coas súas vidas, coma todos. Pero estou farta. Téñenme farta. Farta de que ninguén mire de verdade ás persoas, de que ninguén escoite, de que ninguén valore nada...Farta da realidade hipócrita da cidade. Da realidade hipócrita do sexo. Dos bicos que non saben a nada...
...ata aquí...e de aquí en diante. Non queda outra.
2 comentarios:
Reina, háiche de todo na viña do Señor. Ás veces prexulgamos ás personas en base a observacións rápidas. Non digo que ti o faigas, digo que o fai todo o mundo, absolutamente todo mundo, eu xa son o primeiro. Escribes moi ben, e tés un carácter moi aberto, non hai ningún motivo para que teñas vergoña e non escribas o que ti queiras, todo o contrario, podes estar orgullosa do teu talento e da túa personalidade, pero ten coidado, porque pode haber xente que pode aproveitar as túas confesións na túa contra. Por favor, non tomes esto como un consello, éu non son quen de dálos, tómao solo como outra perspectiva, se cadra dunha persona de carácter máis clásico, pero desde a absoluta boa fe. En calquera caso eres ti a que ten a absoluta potestade de escribir o que che día a gana, para eso están os blogs e a liberdade.
Unha aperta.
pero si este blog non o le ninguén...de todolos xeitos ,as palabras hai que tomalas só como palabras, que teñen sentido no mesmo instante no que se escriben ,pero que teñen un sentido ben distinto para quen as le...no fondo un blog non é un diario, e o que pense o contrario pois é o seu problema. gracias polo consello, pero en serio, o que se guíe por estas paranoias e pense que esta é a miña ...en fin...Esto é un blog, só un blog. Hai de verdade o que hai de verdade en tódalas cousas que escribe un, e de mentira, pois todo o que cabe de imaxinación cando se escribe, dependendo de si é de noite ou de día, si fai sol ou chove, si tes a tele posta mentres escribes ou non, si acabas de pechar un libro ou acabas de chegar da rúa...A imparcialidade non existe , pero tampouco existe o relato veraz no que un se desnuda completamente. Os que tomen esto por verdade, probablemente morrerán de envidia...As palabras, son só palabras.
Bicos
Publicar un comentario