O aburrimento ten moitas formas que se van apoderando de nós sin que nos demos conta. E preciso estar atento para non deixarse atrapar polas súas garras, e mesmo fuxir lonxe, moi lonxe , si é preciso, para que non nos atrape.
Ahí estou eu, en fase de fuxida. Teño un bo pretexto pero a realidade responde máis ás miñas pantasmas que a imperiosa necesidade de buscar un lugar onde atopar tranquilidae para estudiar. Impórtanme unha merda os exames, a verdade. O único que quero e fuxir da desolación que me comeza a provocar a monotonía que se instalou en agosto. Setembro será diferente, sempre o é. Pero agosto, non acaba de rematar e a súa agonía de días irregulares con calor e morriña faiseme insoportable. Así que fuxo.
Tamén fuxo de internet, terrible espazo no que non atopo nada que mereza a pena. Levarei onde vou o meu portátil, si, cargado de películas e series de televisión que fun descargando aos poucos de Series Yonkis, pero deixo a conexión maléfica a internet, esa ponte que nos conecta cun mundo irreal e se cadra máis noxento ainda cao mundo real. Aburriume o facebook, e de qué maneira, deus¡ Aburriume tanta estupidez a flor de pel, un escaparate de intimidades sin ton nin son que se fai máis patente no verán. Eu debín de pasar un verán espantoso, porque non saio no facebook nun montón de fotos rodeada de moitísima xente con expresión de estar pasandoo de marabilla, sempre mirando á cámara, sempre sorrindo. Nin siquiera chego a cenco cincuenta amigos no facebook, qué vida máis triste...
Sin embargo, párome a pensar e creo que ás veces prefiro as fotos que non quitei pero que conservo na memoria como si existisen realmente e estivesen colgadas en calquera páxina web. Nas fotos que gardo na miña memoria non estou rodeada de centos de persoas que ollan á cámara e parecen divertirse, non. Estou con pouca xente, e cadaquen olla para onde lle coincide. Son os meus amigos, a miña familia...Casi tódolos meus mellores amigos estiveron conmigo este verán, nas fotos da miña memoria ás veces rimos e ás veces simplemente permanecemos en silencio ou choramos despois de demasiado alcol, ou discutimos...Ollamos uns para os outros, xamais á cámara. E os nosos abrazos non están a espectativa dun flash nin son finxidos, feitos para a ocasión. Os nosos abrazos , os nosos bicos, saen das entrañas dun xeito espontáneo, ás veces no momento preciso, nese xusto momento no que a amistade requería esa demostración de afecto compartido. E non fun a grandes ceas, nin a festas suntuosas en casas abarrotadas de xente e de bebidas que se pagaban a escote,non. Estiven en pequenas reunións , en pequenas terrazas frente ao mar, ou no bar de sempre coa xente de sempre tomando as mesmas tapas de sempre. E na miña casa, facendo caipirinhas e partindo xeo a martelazos ; e en moitos sitios, casi todos vellos sitios de tódolos veráns, sendo moi feliz casi sempre, e sentíndome moi acompañada. Dos meus amigos, dos verdadeiros amigos, dos que non precisan ollar á cámara e sorrir mentres me poñen o brazo por riba para a foto.
Verán 2010, se titulan casi tódolos albumes de fotos dos meus agregados no facebook. Eu teño un album inmenso de fotografías que tamén se chama Verán 2010, pero ninguén sae nas fotos de recheo. Porque si ben é certo que non estiven con moitas persoas, sí que estiven coas que quería estar, coas únicas coas que precisei estar.
Calquera que lea esto e compartira conmigo algo este verán, xa fose unha caña nun bar, un almorzo na praia, un concerto nunha praza, un xelado paseando pola rúa, un traxecto en coche en barco ou en autobús, unha noite conmigo na cama, uns calamares na Verdura, un partido de tenis, un baño no mar, unha borracheira ata a madrugada, unha resaca , un problema, unha película, unha canción...Calquera que compartira algo disto conmigo, ou calquera outra cousa, que non o dubide, é o meu amigo, e sae seguro no meu album de fotos Verán 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario