" Eu son o Estado mínimo dentro do ampuloso mundo das repúblicas de Occidente. Occidente: ese mundo que inventou a traxedia e a democracia. Só a primeira resulta verdade."
Pareime neste párrafo. Lembroume a Walt Whitman. Casi me fai chorar. Pero penso que non foi o libro que estou a ler, nin pararme neste párrafo en concreto, senón o feito de unha vez máis mergullarme de cheo na miña incapacidade para relacionarme coa xente que quero.
Con el é moi difícil. Nunca sei si me respeta ou se sinte por min o máis vil dos desprezos, un desprezo xordo que non se deixa ver, pero que fede, que fede moitísimo. Nunca sinto nada parecido estando con ninguén, ainda que sexan ou eu os considere os meus enimigos.
Quizais non sexa desprezo, ou quizais non sexa a min a quen despreza, senón a este mundo no que vivimos, no que loitamos por non morrer aferrándonos a tódalas mentiras que nos contaron como salvavidas. Si el soupese que eu estou da súa parte...pero procuro vivir, procuro seguir adiante, procuro - ¿por qué non dicilo?- un pouco de felicidade. E prendo o televisor de cando en vez e non me sinto mal por iso, non me dou noxo por iso. Non sinto desprezo por min mesma por iso. E estudio Ciencias políticas e creo nas regras do xogo, ou polo menos xogo según esas reglas. Non son ningunha anarquista que vai cambiar o mundo con discursos ao aire mentres fumo petas e escoito cancións de Bob Dylan. Non son ningunha filósofa e tampouco vivo aferrada a un soño coma si a realidade non pagase a pena. Pero tampouco son estúpida, nin gris. E ás veces gústame mercar unha camiseta de marca e non me sinto culpable por iso. Pero a el doulle noxo. Porque eu non sería capaz de vivir nunha furgoneta que ule a can mollado e a maría. Gustaríalle chamarme hipócrita, seino, moitas veces. E gustaríalle foderme despois. E deixarme ferida co seu desprezo porque a el non lle gustan as mulleres que viven dentro do sistema, nin tampouco as mulleres delgadas e que teñen as tetas pequenas. Pero non di nada, non fai nada. Tan só me fala e eu sei que me desprecia profundamente. Porque vou votar o día das eleccións, porque critico o sistema desde dentro do sistema, porque non quero deitarme con él.
Logo está ese lazo invisible que se creou entre os dous. Eu tamén calo. Eu podo berrarlle moitas cousas e ferilo de morte. Eu podo facerlle tanto dano como el a min, ser tan cruel como é el conmigo. Dicirlle que se lle notan os osos , que se poden contar cada unha das súas costelas e que me da grima. Que leva o pelo despeinado e que nunca, absolutamente nunca sentín por el o máis mínimo desexo. Que os homes guapos ulen a perfume e non a can, e que tamén él é un hipócrita porque vive malgastando a herdanza de mamá. Que unha mai morta non é escusa para poñerse contra o mundo e encerrarse a cen metros baixo terra coma unha alimaña. Podo dicirlle que a min gústanme os meus peitos pequenos e que me sobra quen mos toque sin facerme sentir despois como unha puta fea á que lle acaban de facer un favor. Dicirlle que simplemente son máis feliz sin el e que non entendo por qué me empeño en seguir ao seu lado poñendo día tras día a outra meixela. Ese puto lazo invisible...Quizais sinta compaixón por él. Quizais el perciba a miña lástima e de ahí o seu desprezo. Quizais non nos comunicamos dabondo. Quen sabe.
E logo...ese lazo...ese lazo invisible...
No hay comentarios:
Publicar un comentario